Proxección da película "Intocable"
Bos días:
Hoxe o alumnado de 3º da ESO asistiu á proxección da película "Intocable" de O. Nakache, 2011. A actividade enmárcase dentro do contrato programa Inclúe-T, destinado a concienciar sobre a riqueza da diversidade e o respeto a todos os seres humanos, así como desenvolver dinámicas de actuación cooperativas.
Despois da película realizouse un coloquio. Traballouse a partir dun guión elaborado polo profesorado integrante neste programa. Neste o alumnado puido reflexionar sobre os temas que abordaba a trama (as personaxes, a súa condición, os seus anhelos, as súas desigualdades, os diferentes puntos de vista respecto oas problemas...)
»
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue