blogue dedgayoso

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:

Despois de facer un quecemento para xogar ao voleibol e traballar as características e normas do quecemento no cuestionario, no derradeiro exercicio de quecemento toca aplicar todo o aprendido e corrixir erros anteriores.

Hai que prepararse para xogar ao tenis.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

A TAREFA REMATA O 8 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA: CUESTIONARIO

Bos días:

Continuamos co tema da saúde. Xa vimos algunhas condutas prexudiciais para a saúde: o tabaquismo, a falta de exercicio...Agora toca analizar as nosas condutas alimentarias.

Obxectivos:

  • Coñecer a relación entre os hábitos de vida e os seus efectos sobre a saúde.
  • Valorar a relación entre alimentación e a saúde

 

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL

O PRAZO PARA REALIZAR O CUESTIONARIO REMATA O 5 de xuño ás 12.00 horas

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

Seguimos traballando a nosa capacidade de orientación.

Obxectivo:

Por en práctica técnicas básicas de orientación.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 2 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

CUESTIONARIO DE CONDUTAS PREXUDICIAIS PARA A SAÚDE

Bos días:

Os dous principais elementos dunha vida saudable son: o exercicio físico e unha boa alimentación. Manter unha vida san, depende tamén doutros factores. Agrupámolos baixo o nome de "condutas prexudiciais para a saúde". Son moitas as formas que temos de facernos dano as persoas. Unha delas, moi estendida e que comeza na adolescencia é o tabaquismo.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

O quecemento é unha das partes máis importantes da actividade física.

Pon a proba os teus coñecementos respondendo ao cuestionario que aparece en Edixgal.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA RESPONDER AO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

MITOS SOBRE O EXERCICIO E A ALIMENTACIÓN 

 

Bos días:

 

A actividade física xunto coa alimentación son os dous elementos clave dunha vida sa. Sen embargo hai moita información entorno a eses dous elementos que non é correcta.

 

Desmonta eses argumentos sobre a base dun razoamento científico.

 

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 29 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Bos días:

AFONDAMOS UN POUCO MÁIS NA orientación deportiva.

ESTA VEZ A ORIENTACIÓN É UN POUCO MÁIS PRECISA.

Obxectivo:

Explicar e por en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas de orientación.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 2 de Xuño ás 12.00 horas

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:

A tarefa proposta é a seguinte:

DESEÑAMOS UN QUECEMENTO E A FASE FINAL (VOLTA Á CALMA) PARA UNHA SESIÓN DE APRENDIZAXE DUN DOS XESTOS DO VOLEIBOL

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DA TAREFA: 25 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

Nesta ocasión imos traballar a nosa capacidade de orientación.

Obxectivo:

Por en práctica técnicas básicas de orientación.

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 26 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

Bos días:

A tarefa proposta ten como obxectivo: Relacionar o hábito do consumo de tabaco  eos seus efectos na saúde.

Tes que ler un texto e responder a un cuestionario.

Toda a información está na aula virtual.

Data límite de entrega: 22 de maio

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

DESEÑAMOS CARTEIS RELACIONADOS COA VIDA SA

Bos días:

Nesta ocasión tócanos difundir dentro da comunidade educativa condutas responsables coa nosa saúde.

  

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

DATA LÍMITE DE ENTREGA: 25 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Bos días:

Hoxe toca repasar os nosos coñecementos sobre orientación deportiva.

Obxectivo:

Explicar e por en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas de orientación.

A tarefa consiste en

Realizar un percorrido pola vila de Baiona.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 21 de Maio ás 12.00 horas

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

BOS DÍAS:

NESTA OCASIÓN, TÓCANOS INVESTIGAR SOBRE AS CONDUTAS QUE PODEN INFLUÍR NEGATIVAMENTE NA NOSA SAÚDE.

CALES SON?

POR QUE NON SON BOAS?

POR QUE MANTEMOS ESAS CONDUTAS?

OBXECTIVO:

  • Adoptar unha actitude crítica fronte ás prácticas que teñen efectos negativos para a saúde

 

TES AS INSTRUCIÓNS E A FICHA PARA DESCARGAR EN EDIXGAL A PARTIR DAS 12.00 HORAS DO 6 DE MAIO.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 16 DE MAIO ÁS 12.00 HORAS

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

AGORA QUE XA SABEMOS FACER UN QUECEMENTO PARA UN DEPORTE COLECTIVO.

IMOS POÑER EN PRÁCTICA OS NOSOS COÑECEMENTOS.

TEMOS QUE FACER UN QUECEMENTO PARA XOGAR AO BALONMÁN.

TES AS INSTRUCIÓNS E A FICHA PARA DESCARGAR EN EDIXGAL A PARTIR DAS 12.00 HORAS DO 6 DE MAIO.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 16 DE MAIO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

 

ANÁLISE CRÍTICO DAS ACTIVIDADES DA CONTORNA

 

NON SENTIDES ESTES DÍAS TRAS O CONFINAMENTO QUE O

AIRE É DE MELLOR CALIDADE?.

TERÁ ALGO QUE VER A ACTIVIDADE HUMANA?

 

OBXECTIVOS DA TAREFA:

  • Compara os efectos das actividades físicas e deportivas no contorno en relación coa forma de vida nel.
  • Relaciona as actividades físicas na natureza coa saúde e a calidade de vida.
  • Demostra hábitos e actitudes de conservación e protección ambiental.

TES A INFORMACIÓN DETALLADA NA AULA VIRTUAL A PARTIR DAS 12.00

HORAS DO 5 DE MAIO.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 14 DE MAIO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

TAREFA:DESEÑAMOS UN CIRCUÍTO DE FORZA

 

O ADESTRAMENTO DE FORZA É UN DOS EXERCICIOS ESENCIAIS NO ÁMBITO DA SAÚDE.

HAI ANOS CRÍASE QUE CON IR A CORRER, ANDAR EN BICICLETA  OU CAMIÑAR (ACTIVIDADES DE RESISTENCIA AERÓBICA DO TREN INFERIOR) XA TÍÑAMOS CUMPRIDO CO TEMA DA ACTIVIDADE FÍSICA.

AS NOVAS INVESTIGACIÓNS, ALÉRTANNOS SOBRE A NECESIDADE DE MANTER O NIVEL DE FORZA EN TODO O CORPO COMA UN DOS INDICADORES DA SAÚDE.

OS TEST FISIOLÓXICOS ACTUAIS XA NON MIDEN SÓ A NOSA CAPACIDADE AERÓBICA, SENÓN TAMÉN A CAPACIDADE DE XERAR TENSIÓN MUSCULAR.

ESTÁ É A PROPOSTA PARA ESTES DÍAS:

DESEÑA E EXPERIMENTA UNHA SESIÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA, EXPLICANDO A FORMA DE CONTROLAR A INTENSIDADE E AUTOAVALIATE. RAZOA SOBRE OS EFECTOS PARA A SAÚDE DESTE EXERCICIO.

TES A INFORMACIÓN DETALLADA NA AULA VIRTUAL A PARTIR DAS 12.00 HORAS DO 5 DE MAIO.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 13 DE MAIO ÁS 12.00 HORAS

 

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

FACEMOS UNHA ENQUISA SOBRE ALIMENTACIÓN
TEMOS QUE ELABORAR UNHA ENQUISA SOBRE A ALIMENTACIÓN

PODEMOS FACER MOITAS PREGUNTAS:
  • Que comemos?
  • Por que comemos así? Estratexias da industria alimentaria
  1. A textura, o sabor, olor, aspecto externo, son.
  2. A publicidade
  3. A presentación
  • Que alimentos son os recomendables?
  • Que alimentos son pouco recomendables?
  • Dereitos do consumidor/a

 

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

DATA LÍMITE DE ENTREGA: 14 DE MAIO

O ENCERRO PASA FACTURA

 

Bos días:

A situación de confinamento está cambiando os nosos hábitos alimenticios. Estamos mercando moitos produtos procesados (pizzas, galletas, preparados, bebidas enerxéticas, bollería...). Son alimentos pouco nutritivos (calorías baleiras) con unha grande cantidade de aditivos, graxas, aceites refinados, sal e azucre. Nunha dieta san teñen que ser a excepción e non a regra.

Ademais da mala alimentación, súmase a ausencia de exercicio físico, as horas diante das pantallas, o medo ou o aburrimento. Todo iso configura o caldo de cultivo perfecto para disparar a báscula e elevar, máis se cabe, as cifras de exceso de peso.

Seguir lendo: https://elpais.com/sociedad/2020-04-13/el-encierro-pasa-factura-en-la-bascula.html

Estes días están xurdindo numerosas iniciativas para combater o sedentarismo con actividades adaptadas aos nosos fogares. Podemos encontrar nas redes sociais ou en youtube unha grande cantidade de ofertas: baile, retos físicos, tabatas, hiits...

A outra cara da moeda do sedentarismo e a alimentación. A mellor maneira de combatela e a información:

https://realfooding.com/articulo/que-es-comida-real/

https://www.sinazucar.org/

Lembra que os dous piares fundamentais sobre os que se asenta a saúde son: a boa alimentación e o exercicio físico.

 

 

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

TAREFA. Aproveitamento da contorna.

Lidia é unha nova alumna que chega ao colexio. Non é de Baiona, ven de Santiago de Compostela. É unha rapaza inqueda. As súas afeccións son variadas: o teatro, a astronomía, a música. Tamén lle gusta facer exercicio case todos os días. Está contenta de vivir ao lado do mar. Pensa na cantidade de experiencias que ofrece unha vila costeira.

  • Que actividades físicas cres que lle poderías amosar?

  • Explica onde pode practicar a actividade, se ten custe, se hai algún club?

  • Que vantaxes ou inconvenientes ten esa actividade?

  • Indica polo menos 5 actividades diferentes que podan practicarse na túa vila ou proximidades.

  • Tes todas as instrucións en EDIXGAL

 

 

FACEMOS UN QUECEMENTO PARA XOGAR AO RUGBY TAG

TAREFA FORA DO PRAZO

Terás que deseñar un quecemento para unha actividade que xa coñeces.

Tes todas as instrucións en EDIXGAL. Data límite de entrega: 6 de maio.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031