Visita a Outeiro dos Lameiros

Bos días:

O alumnado de 1º da ESO puido visitar unha das xoias da nosa comarca: os petróglifos de Outeiro dos Lameiros. Este conxunto de arte lítico atópase na serra da Groba. Constitúe unha das pegadas dos asentamentos humanos que habitaban nestes paraxes fai miles de anos.

A actividade forma parte do programa de promoción da actividade física no horario lectivo. Ademais de facer exercicio, realizando un percorrido a pé duns 10 quilómetros, tamén aproveitaron para:

  • Recoñecer a fauna e a flora do lugar
  • Dominar o vocabulario en lingua galega dos diferentes organismos
  • Coñecer a nosa contorna e poñela en valor
  • Mellorar a capacidade de orientación co uso do mapa e o compás
  • Planificar os materias que temos que levar nunha saída (auga, comida, roupa, calzado, crema solar...)
  • Coñecer a toponimia do lugar
  • Coñecer o noso patrimonio arqueolóxico

No desenvolvemento desta iniciativa traballaron conxuntamente os departamentos de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, Promoción de Estilos de vida saudables, Xeografía e Historia e Educación Física.

Agradecemos a dedicación do IEM (Instituto de estudos miñoráns) pola charla oferecida e ao  profesorado acompañante: Rocío, Iria, Antonio, Luisa e Óscar.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031