Actividades de secundaria
SAíDA AO LUGO ROMANO
O alumnado de 2ºESO o 21 de outubro foron visitar o Lugo romano, conmerando este con roupa romana, quen quixo, para meterse máis na pel dos romanos. Visitamos a domus do Mitreo onde un amable guía nos explicou todo moi ben, despois fomos ao Museo Provincial onde vimos os mosaicos e os torques celtas. Despois baixamos cara as termas romanas e comimos preto da ponte romana un par de bocatas do comedor. Foi un bo día e tivemos a sorte de que non choveu.
XOGANDO COS NÚMEROS ROMANOS
As alumnas de 4º de ESO aprenden a ortografía e pronuncia dos números en latín xogando. Xa saben contar coma os romanos.
ROMPENDO O XEO
Na titoría de Segundo de ESO o alumnado fixo unha actividade lúdica para romper o xeo e coñecerse mellor.
PROGRAMA GALIMIENS
O CPI arranca o curso 2021-22 cunha boa nova!
O centro foi seleccionado para participar no programa Galimiens!
Trátase dun intercambio con Francía organizado pola Xunta de Galicia. É unha novidade xa que o programa foi creado este ano.
Imos realizar un "échange" cunha escola da cidade de Amiens (está situada no norte de Francía).
O noso alumnado de 3° ESO vai:
- coñecer a estudantes dalo,
- comunicarse en francés, que é unha lingua que dende o Brexit ten un peso cada vez máis importante a nivel europeo,
- descubrir a cidade de Amiens,
- submergirse na cultura francesa,
- e vivir unha experiencia emocionante!