Actividades de secundaria
CHARLAS CON TALENTO
O alumnado de 2º de ESO que participou no concurso de relatos de Coca Cola, asistiu a un evento online con María Valero e David Rees.
CONCURSO DE RELATOS DE COCACOLA
Onte e hoxe o alumnado de segundo de Eso participa no relato do concurso de Coca Cola. Onte en galego e hoxe en castelán. Desexámoslles sorteo nesta experimentación como escritores que xa sodes.
NACE RADIO PODCAST-ROVERDE
Para arrincar coa nosa radio do CPIP de Castroverde, chamada Podcast-roverde, tivemos a sorte e a oportunidade de falar cun gran artista!
Os rapaces de 3°ESO, Claudia, Antonio e Aratz fixeron unha entrevista exclusiva ao artista urbano Diego As, mundialmente coñecido polo seu grafiti de Xulio César, situado a carón da muralla de Lugo.
@s alumn@s elaboraron unha chuvia de preguntas variadas e pertinentes para manter unha charla moi interesante co artista lucense, na que merece resaltar a súa amabilidade e sinxeleza. Non vola perdades!
Podedes acceder ao link da radio na nosa páxina web.
Continuaremos coa emisión doutras novas ao longo do curso, así que non perdades o fío!
AS PLANTAS E O LATÍN
As alumnas de latín visitaron o recuncho do horto escolar para descubrir os nomes científicos en latín de plantas de Galicia e comprobar os seus coñecementos das correspondencias en galego.
O latín non é só para a xente de letras! Tamén é moi útil no mundo da ciencia, e non o di só a profesora de latín do CPIP de Castroverde, senon a lingüista Henriette Walter. Aínda hoxe, cando un estuda o vocabulario da ciencia, non lle queda outra que empregar o latín. Como ben sabemos, en química, os simbolos dos elementos provienen do latín e do griego. En bótanica e en zoología, a terminoloxía latina segue en uso... Como vedes, estudar o latín é unha boa base para os futuros estudos!
EN CASTROVERDE OS MEMES DE FRANCÉS ESTÁN DE MODA
O alumnado de francés de 2°, 3° e 4° ESO involucrouse estes días para idear memes orixinais, sorprendentes e divertidos, baseados na súa vida escolar no CPIP. Ademais de practicar as competencias de expresión e de comprensión escrita asi coma o manexo das TICS, houbo moitas risas polos corredores estes días: hai que dicir que, aquí todos temos moito sentido de humor, e da combinación da retranca galega co humor francés brotan faíscas! Quen dixo que estudar é aburrido?