Xerais do centro

Actividades do centro

VISITA Á BIBLIOTECA NODAL E FUNDACIÓN ABANCA

Este martes, 19 de decembro, os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de primeiro de Educación Primaria, visitaron a Biblioteca Nodal e a sala de exposicións e talleres da Fundación Abanca. 
 
En primeiro lugar, visitaron a Biblioteca Nodal, situada en Ramón Ferreiro, onde coñeceron o seu funcionamento, así como libros de diferentes temáticas. 
 
Posteriormente, xa na Praza Maior estiveron na exposición da Fundación Abanca Entre Lusco e Fusco, onde viron unha serie de oficios tradicionais e tiveron un taller práctico.

Concerto didáctico da Tradescola

 

Onte o alumnado de infantil e primaria disfrutou dunha sesión de música tradicional grazas á visita de mestres da Tradescola. Presentaron os instrumentos da nosa cultura e ofreceron un mini concerto onde os rapaces desfrutaron  escoitando boa música.

 

 

ENLACE AO VÍDEO

CARREIRA SOLIDARIA

Grande participación na carreira solidaria celebrada o 21 de novembro. Un éxito de recaudación, de espíritu deportivo e festivo! Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración.

 

Distribuir contenido