VISITA Á BIBLIOTECA NODAL E FUNDACIÓN ABANCA

Este martes, 19 de decembro, os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de primeiro de Educación Primaria, visitaron a Biblioteca Nodal e a sala de exposicións e talleres da Fundación Abanca. 
 
En primeiro lugar, visitaron a Biblioteca Nodal, situada en Ramón Ferreiro, onde coñeceron o seu funcionamento, así como libros de diferentes temáticas. 
 
Posteriormente, xa na Praza Maior estiveron na exposición da Fundación Abanca Entre Lusco e Fusco, onde viron unha serie de oficios tradicionais e tiveron un taller práctico.