Xerais do centro

Actividades do centro

Regueifeiros

Os Regueifeiros en Castroverde

A asociación de amigos do patrimonio de Castroverde trouxo ao noso centro a dous regueifeiros, Lois Caruncho e Benito Lobariñas, uns mestres da retranca que explicaron ao alumnado os segredos desta loita dialéctica de longa tradición en Galicia. As regueifas constituen unha arte que mistura música, poesía e creatividade e que pode ser considerada precursora do Hip Hop ó tratarse de cancións improvisadas, de rima sinxela e temática social.

Blog do Club de Lectura

 

 Club de lectura

Novo Blog do Club de lectura do CPI de Castroverde.

 

 

Expo Etiopía

 

 O CPI de Castroverde acolle estes días a exposición da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de Un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

 

 

 

Intercambio cos alumnos/as de Pobra de San Xiao

En xuño de 2008 os alumnos e alumnas do CPI de Pobra de San Xiao virán ó CPI de Castroverde

As  actividades previstas polo momento  serán:

- Competición de lóxica por equipos.

Partidos de fútbol masculino e feminino.

Distribuir contenido