ÐAY OF PEACE, 30th January
O departamento de inglés de secundaria levou a cabo unha actividade para celebrar o día da paz.
O alumnado investigou e recolleu información sobre mulleres destacadas na historia de USA polo seu papel na loita polos dereitos civís e de xénero ó longo da historia.
Buscamos,descubrimos, contrastamos diversas fontes,expoñemos e completamos unha táboa de información sobre figuras femeninas relevantes tales coma:
Susan B. Anthony, Rosa Parks ou Ruth Bader Ginsburg entre outras.
Unha boa maneira de celebrar este día reflexionando e mellorando a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa.