ÐAY OF PEACE, 30th January

O departamento de inglés de secundaria levou a cabo unha actividade para celebrar o día  da paz.

O alumnado investigou e recolleu información  sobre mulleres destacadas na historia de USA polo seu papel na loita polos dereitos civís e de xénero ó longo da historia.

Buscamos,descubrimos, contrastamos diversas fontes,expoñemos e completamos unha táboa de información  sobre figuras femeninas relevantes tales coma:

Susan B. Anthony, Rosa Parks  ou Ruth Bader Ginsburg entre outras.

Unha boa maneira de celebrar este día reflexionando e mellorando a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa.