Saltar navegación

Taller para Moodle 1.9

  • O taller é probablemente a actividade máis completa e complexa de Moodle.
  • Permite como poucas actividades a aprendizaxe e a avaliación cooperativa, introducindo os estudantes nun proceso de avaliación conxunta e de autoavaliación.
  • O taller presupón que se asigna un traballo ao alumnado de forma similar a como consegue unha Tarefa.
  • Este traballo pode ser calquera cousa susceptible de ser enviado como un arquivo ao servidor Moodle (por exemplo, un documento de texto, unha presentación, un programa, un vídeo, etc.).
  • O traballo pode realizarse de forma individual ou en grupo. De feito, a realización do produto non é o elemento principal do taller (iso tamén se pode realizar coa actividade Tarefa).
  • O elemento diferenciador desta actividade respecto doutras é a colaboración e a interacción entre estudantes que teñen lugar na fase de avaliación dos traballos.
  • Cada estudante observa como resolveron o mesmo problema outros compañeiros/ás, enriquecendo así os seus puntos de vista e as súas posibilidades de aprendizaxe.
  • Ademais, debe ser crítico e realizar unha avaliación rigorosa do traballo dos demais, segundo uns criterios previamente establecidos, deixando menos marxe á intuición.
  • Todo isto xustifica que a actividade Taller requira unha xestión bastante máis complexa que o resto das actividades de Moodle.

Exemplo de Taller con Moodle 2.*