Saltar navegación

Como funciona un taller.

A creación dun taller implica diferentes etapas de actividade:

  1. O profesor ou profesora prepara un traballo e ofrece diversos exemplos deste con distinto grao de corrección (opcional).
  2. Os estudantes avalían e cualifican os traballos de exemplo enviados polo profesorado, e este cualifica esas avaliacións (opcional).
  3. Os estudantes crean e envían os seus propios traballos.
  4. O profesorado avalía os traballos enviados polos seus alumnos e alumnas. Estes tamén poden avaliar os traballos doutros compañeiros/ás (opcional).
  5. Revisión das avaliacións e negociación entre cada estudante e os seus avaliadores (opcional).
  6. O docente cualifica as avaliacións realizadas polos estudantes (opcional).
  7. Cálculo das cualificacións finais ponderando cada fase.

Como se dixo, hai varias fases opcionais, o que proporciona unha gran flexibilidade á actividade.