Saltar navegación

Algunhas suxestións antes de empezar a deseñar un taller

  • O taller é quizais a actividade máis complexa, polo que é necesario dominar o seu manexo antes de empezar a traballar con el.
  • Se sabemos de antemán como queremos que funcione, os criterios de avaliación e como van interactuar os estudantes, aforraremos tempo e evitaremos futuras confusións e frustracións.
  • Todo o que supoña creación (unha redacción, un traballo de investigación...) non adoita saír ben á primeira. Antes de entregar a versión definitiva, é bo recibir información de expertos sobre o enfoque, a estrutura... deste.
  • Para facilitar un proceso continuo de información, os talleres son unha boa ferramenta. Por exemplo, se os estudantes teñen que escribir unha redacción, podemos crear un taller para que propoñan o tema sobre o que debe tratar. Os mesmos estudantes poden avaliar as propostas dos seus compañeiros e compañeiras de acordo cos parámetros que consideremos importantes.
  • O doado é utilizar esta actividade para avaliar o traballo escrito, pero o taller non só limítase a estes traballos. Podemos utilizar o módulo de taller para mellorar e avaliar as presentacións en público. Os estudantes poderían empezar enviado unha presentación multimedia do seu traballo. Logo, o resto de alumnos e alumnas poden puntuar eses materiais, así como a presentación oral en clase.
  • É conveniente asignar a cada estudante a avaliación dunha presentación de xeito aleatorio; é dicir, sen que saiba de antemán que traballo vai ter que avaliar. É un xeito de motivalos, xa que, deste modo, terán que poñer atención a todas as presentacións por igual e tomar boa nota de cada unha delas para poder emitir un informe posteriormente.