Saltar navegación

Elementos de valoración.

Para facer máis sinxela a avaliación e cualificación dun traballo por parte dos alumnos e alumnas, definiremos unha serie de elementos de valoración independentes de forma que cada un cubra un aspecto particular da tarefa.

O número de elementos fixouse no formulario de configuración da actividade por medio do parámetro Número de comentarios, elementos da tarefa, franxas de cualificación ou declaracións de criterio.

O tipo de elementos depende da estratexia de cualificación da tarefa:

  • Non se cualificou: os elementos son descricións de aspectos da tarefa. Pídese ao avaliador que comente cada un destes aspectos. Ao igual que sucede con todas as estratexias de cualificación, existe tamén unha área para comentarios xerais.

  • Acumulativa: os elementos teñen as seguintes características:

    • Descrición do elemento de avaliación. Debe establecer claramente que aspecto da tarefa está a ser avaliado. Se a avaliación é cualitativa, será útil dar detalles de que se considera excelente, media e pobre.
    • Tipo de escala do elemento de avaliación. Hai un número predefinido de escalas. As escalas móvense nun rango que vai do simple Si/Non pasando por escalas multipunto ata escalas de porcentaxe total. Cada elemento ten a súa propia escala que debe elixirse para completar o número de posibles variantes para ese elemento. Hai que ter en conta que a escala non determina a importancia do elemento ao calcular a cualificación final: unha escala de 2 puntos ten o mesmo valor que unha de 100 puntos, se os respectivos elementos teñen o mesmo peso.
    • Peso do elemento de avaliación. Por defecto, aos elementos dáselles a mesma importancia no cálculo da cualificación final da tarefa. Isto pode cambiarse asignando aos elementos máis importantes un peso maior e aos elementos menos importantes un peso menor. Cambiar os pesos non afecta a cualificación máxima: ese valor fíxase mediante os parámetros de cualificación, no formulario de configuración.
  • Con barras de erro: Os elementos normalmente describirán certas características ou aspectos que deben estar presentes na tarefa. A avaliación baséase na presenza ou ausencia destas características ou aspectos. O profesorado debe indicar isto na Táboa das cualificacións e suxerir que cualificación se dará cando todos estean presentes, cando un estea ausente, cando dous estean ausentes, etc. Se certas partes son máis importantes que outras pódese outorgar a esas partes unha ponderación maior que unha. Tamén se pode outorgar unha ponderación inferior a un ás partes de menor importancia. O "conteo de erros" global equivale á suma ponderada dos ítemes que faltan. O avaliador ou avaliadora sempre pode facer pequenos axustes a estas cualificacións suxeridas.

  • Criterio: os elementos proporcionarán un sistema de "niveis" que poden utilizarse para avaliar a tarefa. As declaracións poden ser acumulativas ou autónomas. O responsable debe decidir que declaración se axusta mellor a cada parte do traballo. O profesorado tamén debe relacionar cada declaración de criterio cunha suxestión de cualificación. Normalmente estas deben estar en orde. O avaliador/a pode facer pequenos axustes a estas cualificacións suxeridas.