Saltar navegación

Características dos talleres.

  • O profesor ou profesora presenta aos seus alumnos e alumnas exemplos reais de como debe ser resolta unha tarefa e de como debe ser avaliada.
  • Os estudantes realizan a tarefa proposta e avalían os traballos dos seus compañeiros/ás seguindo os criterios e exemplos dados polo docente.
  • O profesorado pode subministrar documentos de exemplo aos estudantes para practicar a avaliación.
  • O profesorado avalía e cualifica tanto os traballos entregados polos estudantes (arquivo subido) coma as avaliacións que estes fixeron dos traballos dos seus compañeiros e compañeiras.
  • A cualificación pode dividirse en múltiples epígrafes que se avalían separadamente con diferentes escalas de cualificación.
  • É moi flexible e ten un gran número de opcións.