Skip to Content

biblioteca

XOGOS DAS LETRAS GALEGAS 2022

E por fin chegou o día dos Xogos da Letras Galegas! Os alumnos e alumnas de 6º fixeron de monitores/as en cada estación dos diferentes xogos. Con moita paciencia axudaron e explicáronlles os xogos a todos os compañeiros/as que ían rotando polas diferentes estacións cos seus profes. Pasámolo de marabilla! Aquí deixamos unha fotos deste día para a lembranza. Agora uns días de descanso e a cargar pilas para o último tramo do curso, que xa vai rematando.

 
 
 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estes días estamos de celebración. É a semana das Letras Galegas. Fixemos pescudas nas aulas sobre a vida do autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. Montamos unha exposición de murais con versos do autor, e hoxe, tivemos obradoiros de muiñeira en todos os cursos.Pasámolo xenial!

Mañán teremos os nosos tradicionais Xogos das Letras; unha xornada lúdica que volveremos a disfrutar todos xuntos/as por fin.

Valoramos e sentimos orgullo da nosa lingua e da nosa cultura!

ACTIVIDADES 5 DE MAIO

Hoxe foi un día de moito movemento e alegría no noso cole!

O alumnado de Infantil foi visitar o GES de Muros dentro do seu proxecto de "A Patrulla Canina". Temos que agradecerlle ao persoal do GES a súa atención. Fixeron disfrutar aos nenos/as moitísimo coa visita. Como vos podedes imaxinar quedaron impresionados co coche de bombeiros e xa están desexando volver.

Por outra banda, o alumnado de 1º e 2º ciclo tiveron a visita de Toupiciencia "A Xanela do Maxín" onde falaron e experimentaron sobre ciencia con moito humor, ao tempo que o pasaron xenial.

 

DÍA DO LIBRO 2022

O pasado luns 25 de abril celebrámolo Día do Libro levando a cabo apadriñamentos lectores. O noso alumnado maior fixo as delicias dos máis pequenos/as que disfrutaron moito coa actividade e xa lles tarda a próxima visita.

 

 

 

RECAUDACIÓN UCRAÍNA

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, entre todos e todas conseguimos xuntar esta modesta cantidade, que enviamos con todo o noso cariño e enormes desexos de que remate por fin este conflicto.

V CONCURSO DE RELATO CURTO MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Aquí vos deixamos as bases do V CONCURSO DE RELATOS CURTOS. Lembrade que este ano o tema anual é o mar polo que nalgún aspecto ha de aparecer o mar no voso escrito. Así que a darlle ao caletre e a crear historias marabillosas!

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de Primavera das Letras, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022. Na páxina web deste proxecto dirixido ao público infantil, primaveradasletras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.

O espazo irase enriquecendo con novas actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán, concibidos para abordar cos nenos e nenas tanto contidos lingüísticos e literarios como outros transversais.

 

CONCURSO DO POLBO RAMÓN DO MES DE ABRIL

Ola rapazada! Aquí están xa as preguntas do mes de abril para o concurso mensual da biblioteca. Observo que nalgunhas clases estades a convertervos nuns auténticos expertos/as na busca da información. Encántanme as vosas visitas á biblio!

Desta vez podedes imprimilas directamente dende aquí ou dicirlle á profe Isa o contrasinal segredo que aí aparece para que volas dea xa en papel. A xogar!!!!

CONCENTRACIÓN POLA PAZ

Aquí vos deixamos unhas fotografías da concentración pola paz de hoxe. Como ben dicían María e Simón no manifesto pola paz que nos leron: " os nenos e nenas do mundo temos dereito a vivir en paz". Agardamos que este desexo pronto se faga realidade.

#nonáguerracontraainfancia

 

  

 

SOLIDARIEDADE CON ACRAÍNA

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut