Skip to Content

biblioteca

CANCIÓN DA PAZ SIGNADA

 

 

 

 

Dentro do programa da Semana da Convivencia estamos a levar a cabo  obradoiros de Lengua de Signos en todos os cursos e preparamos todos xuntos a canción da Paz deste curso. Aquí quedan os enlaces para ir practicando.

 

PREME AQUÍ PARA VER A EXPLICACIÓN DA CANCIÓN

 

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO DA CANCIÓN

 

 

 

BO NADAL

Preme na imaxe para ver un pequeno vídeo onde se mostran as postais do concurso xunto coas gañadoras deste ano e a decoración da nosa escola nestes días.

Con el queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para estas Festas e para o vindeiro ano 2022.

QUE O MAR ESPALLE ALEGRÍA, ILUSIÓN, SAÚDE E PROSPERIDADE EN CADA RECUNCHO DA NOSA COMUNIDADE.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

E aquí vos deixamos as recomendacións de lectura da nosa biblio para este Nadal  e xunto con elas, coma sempre, queremos desexarvos unhas moi FELICES FESTAS e unha marabillosa entrada no ANO NOVO.

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!

ESPECIAL VOLCÁN DA PALMA

Esta marabillosa reportaxe informativa é o resultado de un intenso traballo de investigación e colaboración que levou a cabo o noso alumnado de 6º de Infantil con alumnado de 2º de E.Primaria do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro. Non volo perdades porque é realmente divertido e interesante.

Moitos parabéns ao alumnado e profesorado que o levou a cabo!

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis chegou o concurso de postais de Nadal. Aquí vos deixamos as bases do concurso e lembrade cal é o tema deste ano.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

A VISITA DO "XOUBAS"

Hoxe tivemos polo cole ao "Xoubas", un vello mariñeiro, que andivo polas aulas queixándoselle á rapazada da cantidade de lixo que atopaba no mar cada vez que sae a pescar e pedindo a colaboración do alumnado.

 

 

Pasamos un bo rato parolando e reflexionando con el sobre o tema da contaminación mariña. Deixounos un xeroglífico que disque atopou entre as crebas para ver se podiamos axudarlle a descifralo. A ver quen o pode descifrar?

PROXECTO VOLCÁN 6º DE INFANTIL

Non vos perdades este precioso vídeo onde se fai un resumo do que levan traballado o alumnado da aula de 5 anos coa súa profe Sara. Este proxecto sobre os volcáns está sendo de verdadeiro interese para os rapaces/as. Proximamente farán unha videoconferencia cun grupo de alumnado do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, que tamén traballa este tema, para poñer en común o aprendido, colaborar e ao mesmo tempo coñecerse.

Noraboa aos nosos pequenos e pequenas expertos en CIENCIA!!

 

 

VIDEO 25N

AS MANS E AS PALABRAS PARA ACARIÑAR.

Preme na imaxe para ver o video.

TOUPI CIENCIA. A XANELA DO MAXÍN

Non vos podedes perder esta miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia. Son 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Preme na imaxe para acceder aos videos no Portal da Lingua Galega.

 

 

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut