Skip to Content

biblioteca

SAMAÍN

HOXE FOI DÍA DE RELATOS, ÁNIMAS E HISTORIAS DO ALÉN, CABAZAS DECORADAS, DISFRACES E MOITOOOOS SUUUSTOS! 

SAMAÍN

Chegou un ano máis o Samaín ao Ramón de Artaza.

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. O club de lectura Os lecturetas a través dunha performance mostráronos conceptos como a sostibilidade, o consumo responsable ou a economía circular. Con esta dramatización quixeron dar o pistoletazo de saída para o noso PDI: Amare Muros Circular.

INICIO CLUB DE LECTURA

XORNADA DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO

A semana pasada tivemos unha primeira xornada de formación do voluntariado da biblioteca escolar. Fixemos diferentes actividades de apropiación da CDU e de organización e xestión da biblio. Practicamos tamén co MEIGA para facer os empréstitos e devolucións e ata tivemos tempo para compartir unha deliciosa merenda.

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO 2024/2025

A biblioteca abre as súas portas neste curso 2024/2025 con ilusión e enerxías renovadas.

O Polbo Ramón e o equipo da biblio deséxavos un feliz curso cheo de aventuras e experiencias marabillosas.

FELICES LECTURAS!!

A VOZ DO ARTAZA

Chega fin de curso e con el a revista escolar "A Voz do Artaza". Nela nenos e nenas recollen actividades e proxectos levados a cabo durante o curso. Están tamén as diferentes celebracións levadas a cabo e por suposto, as RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS para este verán.

Só nos queda desexarvos un bo verán e coma sempre unhas FELICES LECTURAS!

TEATRO CLUB DE LECTURA DE 5º - VOLUNTARIADO

Hoxe foi outro día de moita actividade na nosa biblio. O club de lectura de 5º representou a adaptación dunha escea da obra "Os vellos non deben namorarse" lectura levada a cabo este curso no club de lectura. Elas disfrutaron moito, pero o público pasámolo xenial. Mirade que artistas!

4º DE INFANTIL PREMIADO NO CONCURSO DE CARTEIS MMM

Hoxe, o noso alumnado de 4º de E.I foi ao concello a recoller o seu premio do concurso de carteis de Muros Mira ao Mar no que quedaron de 1º clasificados na súa categoría. Visitaron o salón de plenos e recolleron os premios de man da alcaldesa e as concelleiras e viñeron contentísimos/as de volta ao cole cos seus diplomas. 

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut