O 12 de xuño, integrantes dos clubs de lectura e voluntariado da biblioteca, levamos a cabo un divertido obradoiro de estampación téxtil coma colofón do ciclo de lecturas sobre a conservación mariña. Disfrutamos, aprendemos e levamos para casa unha orixinal bolsa personalizada con motivos mariños. Día feliz no espazo A Maceta con Loli e Alba.
Esta semana tivemos na nosa biblio unha visita moi interesante da asociación ASPANAES. A través de Ricardo, un marabilloso actor/escritor con autismo, adentrámonos no seu mundo, coñecemos un pouco máis as características destas persoas e como podemos proceder con eles en determinados momentos. Mostrounos as súas dotes como actor e mercamos os seus libros que están na biblioteca con moita lista de agarda.
Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.
Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.
Achégase o programa do Mes das Letras Galegas do Concello de Muros.
O mércores 15 o alumnado de primaria, iremos ver a obra "Neofalantes" de Luís Vallecillo e o martes 21 o alumnado de Infantil, disfrutará da obra "A galiña Azul".
Un mes cheo de obras para disfrutar das nosas letras !
Hoxe para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo un acompañamento lector no patio. Cada un coa súa parella acomodámonos nun recanto do patio e pasamos un ratiño estupendo lendo en boa compaña.
Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.
Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.