Skip to Content

biblioteca

DÍA DA POESÍA 2023

Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote...

 

Para conmemorar o Día da Poesía fixemos un pequeno festival onde cada grupo interpretou un  poema musicado que tiña preparado con antelación.

Os nosos/as artistas disfrutaron volvendo subir ao escenario! Aquí vos deixamos un video resumo das actuacións. 

23.03 CONTACONTOS NA BIBLIO

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Chegou o 8M un ano máis, e aínda que no noso centro defendemos a igualdade durante todo o curso, chegada esta data sempre programamos algunha actividade para darlle maior visibilidade ao Día da Muller.

Como exemplo de muller referente do noso concello, este 8M  tivemos a oportunidade de coñecer e entrevistar á alcaldesa de Muros: Inés Monteagudo Romero. Témoslle que agradecer a súa dispoñibilidade para contestar ás nosas preguntas, que non foron poucas, e por suposto, a súa amabilidade.

 

 

 

Co lema "Muller axuda a muller" fixemos un collage con fotografías das mulleres do Ramón de

Artaza: alumnas, nais, mestras, exalumnas.... Mirade que ben nos quedou!

 

Como podedes ver o voluntariado da biblio xa nos ten preparada a selección de lecturas

feministas. Lembrade que estes fondos  atópanse no ANDEL VIOLETA.

 

Se queredes saber máis, deixamos aquí algún enlace sobre o tema:

 

Guiño   http://muros.gal/construimos-igualdade/

 

  Risa https://view.genial.ly/6042212cb75eaa0d49a2d050/presentation-8m

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO MENSUAL DE ADIVIÑAS

23 de Febreiro. DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemoramos á máis grande da nosa literatura: Rosalía de Castro. Estivemos lendo os seus poemas, elaboramos  marcapáxinas, que o alumnado de 2º repartirá pola vila, e plantamos pensamentos no noso xardín, por tratarse da  flor favorita de Rosalía.

Os nenos e nenas do CEIP Ramón de Artaza coidaremos os pensamentos como facemos coa nosa lingua e a nosa literatura.


ENTROIDO 2023

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER UN PEQUENO VIDEO RESUMO DO DESFILE DESTE ANO.

VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Aquí temos ao voluntariado da biblioteca na escolla de novidades. Foi un verdadeiro pracer escoitar as súas opinións sobre as propostas de lectura. Fixeron unha escolla de moito nivel que xa está á vosa disposición na biblio.

 

DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA

Queremos dende aquí darlle as grazas a Inés Martínez Sambade, muller científica e exalumna do noso cole, pola marabillosa conferencia que nos deu onte para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

MOITÍSIMAS GRAZAS INÉS!

13 de Febreiro. DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe queremos celebrar o Día Mundial da Radio que a  UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. 

 

Gustarianos tamén divulgar esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonia: 

 
 

E ao mesmo tempo compartimos o programa de radio realizado polo noso alumnado de 4º de Primaria para participar na convocatoria de Ponte..nas ondas! publicado no portal web ESCOLAS NAS ONDAS (http://escolasnasondas.com/)

 

MANDADOS DO FACUNDO 2023

Xa está aquí o ENTROIDO e con el chegan: os mandados do Facundo, o concurso de murgas, o tradicional desfile e a chocolatada. Agardamos que o tempo nos permita  celebralo todo no exterior, para poder lucir os nosos disfraces e enxeño diante das familias.

Quedan aquí os mandados do Facundo da vinveira semana para que vos vaiades preparando.

Luns empezamos!!

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut