Esta semana no noso Centro, houbo unha asemblea da O.C.U (Organización de Civilizacións Unidas).
O motivo de que se escollese o Ramón de Artaza entre a morea de lugares propostos, é porque o tema anual deste curso xira ao redor do estudo de diferentes civilizacións ao longo da Historia.
Representantes das civilizacións Maias, Tuareg, Exipto, Roma, Grecia e Inca viñeron de todos os recunchos do mundo para traballar pola paz do planeta.
Debido a inclemencias meteorolóxicas, non deron chegado os representantes da civilización Maori, pero contamos con eles en futuros contactos.
Que o traballo que fagamos ao longo do curso, dea bos froitos e gañemos en coñecemento, empatía e respecto polos que viven dun xeito diferente ao noso!