Hoxe, para celebrar o Día das Bibliotecas, inauguramos o espazo da nova biblioteca escolar.
Estamos emocionadísimos pensando no bonita e confortable que nos vai a quedar!
Para a inauguración, tivemos a visita de dúas "singulares" representantes das Nacións Unidas
que viñeron expresamente dende Bruxelas para nos
presentar o ProxectoDocumental Integrado (PDI)
que levaremos a cabo durante este curso. Falaron dos
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables (ODS), da Axenda 2030 e animáronnos a
investigar todo isto dende unha perspectiva municipal.
O PDI levará por nome: AMARE MUROS e xa estamos preparados/as para empezar.