Hoxe participamos do Día Internacional da Muller por todo o alto!
A primeira hora achegáronse ao colexio representantes da ANPA e do Concello para facer a entrega dos premios e repartir as chapas cos debuxos gañadores do Concurso de Chapas do 8M. Noraboa aos gañadores/as!!
Ainda que sabemos que debemos educar en igualdade durante todo o ano, hai datas que aínda cómpre sinalar no calendario como é o 25 de novembro: Día contra a Violencia Machista. Por iso, deixamos aquí o enlace ao programa "Construimos igualdade" levado a cabo polo CIM do Concello de Muros. É un material moi atractivo e didáctico que nos será de gran utilidade nas aulas.