Skip to Content

biblioteca

XA CHEGARON AS CABAZAS. AGORA SÍ QUE METE MEDO!!!!

   
   
   
OS CONTOS, LENDAS E HISTORIAS DE MEDO QUE SE CONTARÁN NAS AULAS ESTES DÍAS XA TEÑEN A SÚA ARREPIANTE AMBIENTACIÓN.

GRAZAS AO ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS

 

 

 

 

CHEGOU O SAMAÍN!!

Xa está aquí! Xa chegou o tempo máis estarrecedor do ano! A biblio xa está preparada para que vaiades a pasárvolo DE MEDO!!!

A BIBLIOTECA TEN A PALABRA

"A biblioteca ten a palabra" é o lema deste curso das bibliotecas escolares. Na biblioteca Manuel Febeiro dicimos que sí, por suposto que temos a palabra! É máis, estamos seguros de que temos moito que dicir.

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

O pasado luns celebramos o día da biblioteca. Todo estaba decorado para a ocasión grazas ao traballo do voluntariado da biblio que empezaron o curso coas pilas ben cargadas.

Todas as aulas baixaron a inaugurar a biblio e a deixarlles ao polbo Ramón as súas suxerencias e mostras de cariño. Recolléronse lecturas de aula  do itinerario lector e botáronlle un ollo á selección de lecturas do Samaín.

Que contento quedou o Polbo Ramón e que ganas tiñamos todos/as de volver á nosa biblio!!!

 
 

MES DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este xoguiño do PASAPALABRA das letras galegas foi realizado polo alumnado de 1º

Uns grandes artistas!!!!!

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER UN BONITO TRABALLO SOBRE A VIDA DE XELA ARIAS. AUTORA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

E como sabedes, noso voluntariado da biblio deixounos preparada a exposición de Xela Arias no corredor do primeiro andar. Felices lecturas!!

O alumnado de 1º e 2º tiveron tamén unhas preciosas sesións co contacontos ANXO MOURE e quedaron ENCANTADOS!!

O alumnado de primaria fixemos unha visita guiada coa asociación Muros, vila de auga e sal  e aprendemos moitas cousas do Camiño de Santiago e da variante do camiño inglés que pasa por Muros. Grazas Montse!!

   

E grazas ao "profe Marcos" fixemos esta exposición de libros antiguos que son unha auténtica xoia! 

 

E moitas cousas máis....Como podedes ver  no noso cole e a nosa biblio NON SE PARA.

 

 

RECOÑECEMENTO DA NOSA BIBLIOTECA

RECOÑECEMENTO Á NOSA BIBLIOTECA

Nestes días saiu publicado que a nosa biblioteca foi a primeira das dez seleccionadas  no programa

“Voluntariado de lectura-A. Grazas ao traballo coordinado de todo o Equipo da nosa biblio

(alumnado voluntario, familias colaboradoras e profesorado).



Desta vez recibimos 600€ de dotación para uns obradoiros para o alumnado colaborador, que

terán lugar os vindeiros días con  Charo Pita.

 

Felices de que se recoñeza a nosa labor sobre todo, nun ano especial.

A NOSA VOZ

 NOSA VOZ. É o XORNAL do noso Colexio e volve ás rúas Guiño(pdf adxunto para descargar)

 

DÍA DO LIBRO 2021

Un contiño que nos conta a curmá de Yago de 3ºA polo Día do Libro. Moitísimas grazas Gore!

OBRADOIRO XESTIÓN EMOCIONAL

 

Estes días tivemos a visita de Tero que andivo polas aulas dos maiores do cole e pasámolo fenomenal con ela. Contacontos, dinámicas de grupo, role playing e ata maxia! foron algunhas das actividades que levamos a cabo.

Aprender a esixir o respecto hacia nós mesmos e hacia os demais; ou a maneira de pedir axuda cando temos un problema, son aspectos moi importantes da nosa educación que nos farán fortes emocionalmente e polo tanto, máis felices. E por riba divertímonos moito!

Temos que darlle unhas grandísimas grazas a Tero que estamos desexando recibir de novo no noso cole !!

 

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut