Skip to Content

biblioteca

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta mañá chegou á escola un peregrino estranxeiro (e moi despistado) que andivo a bulir polas aulas preguntando a dirección que había de tomar para chegar a Santiago. Os rapaces/as sorprendidos/as, conversaron con el animadamente contándolle o que sabían sobre o tema. Relatounos algunha anécdota da súa viaxe, curiosidades sobre o camiño... e quedámonos todos/as con gañas de saber máis...

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO será este ano o tema ANUAL  do centro. Comezamos a investigación, mans á obra!!!

 

 O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

 

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO

O MAGOSTO

O pasado luns 16 de novembro celebramos o MAGOSTO 2020. Este ano tivemos que adaptar a celebración ás características especiais deste curso pero, con todo, CELEBRÁMOLO!! Xogos populares, rimas e versos, debuxos e murais e, como non, a tradicional degustacións das castañas que estaban deliciosas!!!

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!

Preme nos adxuntos para ver máis fotos das vosas cabazas.

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!

LECTURAS DE SAMAÍN

ATRÉVETE A PASAR POLA BIBLIOTECA E PREPÁRATE PARA PASALO DE MEDO!!!

LECTURAS DE SAMAÍN

LECTURAS DE SAMAÍN

A BRUXA REGAÑADENTES

 Deixámosvos esta curta sobre o conto A BRUXA REGAÑADENTES para que o pasedes de medo!

Preme na imaxe.

 

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

Nesta semana conmemorouse no noso centro o DÍA DA BIBLIOTECA.

O alumnado realizou estas recomendacións lectoras dos seus libros preferidos.

Dende a biblioteca están preparándose as mochilas viaxeiras que este curso, por protocolo COVID, van ter que permanecer en cuarentena un día na escola, antes de levala o seguinte neno/a. Pronto chegarán ás aulas e poderemos disfrutar delas nas casas.

 Tamén  está á vosa disposición na biblioteca a selección de lecturas para o Samaín.

Felices e terroríficas lecturas!!!

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS

DÍA DAS BIBLIOTECAS

PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Consulta aquí o protocolo de uso da nosa biblioteca.

XORNADAS PASÁMOLO DE MEDO 2018/2019

Os Bolechas viven o Entroido cos escolares galegos

Como vén sendo habitual nos últimos anos, Os Bolechas veñen de pór en marcha unha nova iniciativa relacionada co Entroido, unha das datas máis divertidas e con maior tradición na nosa comunidade. Trátase dunha páxina web, osbolechas.gal/Entroidona que se inclúe diverso material para divertirse aprendendo todo sobre o Entroido.

Dirixido á cativada de educación infantil e primaria, o novo espazo web inclúe unha Unidade Didáctica sobre o carnaval galego: as súas diferentes manifestacións, máscaras, tradicións… Ademais está accesible na propia web ou pode descargarse en formato pdf no apartado Descargas e traballalo na aula ou na casa durante estas pequenas vacacións de Entroido, ao igual que o Caderno de Actividades, onde nenas e nenos poderán poñer a proba os seus coñecementos mediante divertidos xogos e actividades. 

Ademais da Unidade Didáctica e o Caderno de Actividades, no apartado “Descargas” inclúense recortables relacionados co carnaval para que cada nena ou neno personalice o seu disfrace ao tempo que promove a súa creatividade e o traballo manual. E mesmo pode atopar fichas con receitas de pratos típicos do Entroido galego para coñecer todos os aspectos relacionados con estas festas.

Outro dos apartados da nova web dos Bolechas é BraulioTuber, onde se pode acceder aos vídeos realizados por Braulio en diferentes colexios galegos explicando como viven estas festas, as tradicións de cada zona etc.

Concurso escolar con moitos premios

E para seguir coñecendo o Entroido galego, este ano os Bolechas propoñen unha iniciativa dirixida aos centros escolares. Cada mestra ou mestre debe contar brevemente o que fixo este ano na súa clase en relación ao Entroido. Tan só hai que ir ao apartado Participa do web e contar o traballo realizado na aula (proxectos, murais, traballos en grupo, actuacións, talleres, temática elixida para o disfrace etc.) explicando brevemente o obxectivo e a execución do traballo e achegar unha foto representativa do proxecto.

Entre todos os proxectos que se presenten cada día farase un sorteo do que sairán dous proxectos que se publicarán na web e recibirán unha chea de premios, tanto para a clase como para cada alumna e alumno.

Entrade xa en osbolechas.gal/Entroido e… 

FELIZ ENTROIDO! ! ! !

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut