A VISITA DO "XOUBAS"
Hoxe tivemos polo cole ao "Xoubas", un vello mariñeiro, que andivo polas aulas queixándoselle á rapazada da cantidade de lixo que atopaba no mar cada vez que sae a pescar e pedindo a colaboración do alumnado.
|
Pasamos un bo rato parolando e reflexionando con el sobre o tema da contaminación mariña. Deixounos un xeroglífico que disque atopou entre as crebas para ver se podiamos axudarlle a descifralo. A ver quen o pode descifrar?