Xa chega o verán! Aproveitade as vacacións para mergullarvos na lectura, descubrir novos mundos, facer novos amigos e vivir milleiros de aventuras!
Pica na imaxe e descobre as recomendación lectoras!
O 23 de abril conmemorase o Día do Libro. Para conmemorar unha data tan importante para a nosa biblioteca e seguindo o proxecto do centro “Somos artesáns” os nenos e nenas crearon o seu marcapáxinas de papel reciclado.
Pica na imaxe e descobre o que estiveron argallando!
O 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada polas Nacións Unidas para visibilizar ás persoas co trastorno do espectro do autismo (TEA)
Este ano o alumnado do centro participou na iniciativa CHÁMEMOLO POLO SEU NOME, polo que construímos un infinito entre todos os alumnos e alumnas do cole, creando lazos para seguir avanzando xuntos, man a man, trazo a trazo, nunha sinfonía de cor tan infinita e variable como o é o TEA..
Dende o 6 de marzo ata o 10 conmemorase a Semana da Prensa para celebrar unha data tan importante o alumnado do centro traballou con diferentes xornais e elaborou as súas propias noticias.
Pica na imaxe para saber o que estivemos argallando na escola.
O 23 de febreiro celebrase o Día de Rosalía e no noso cole tivemos unha visita moi especial: un ano máis volveu a visitarnos Rosalía! Desta vez, a nosa autora máis célebre necesitaba a axuda dos alumnos e alumnas do Pedro Caselles para poder escribir o seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”.
E tal dito, tal feito! Ao longo do día levamos a cabo a actividade “Palabras que fan poesía” enmarcada no proxecto do cole “Somos artesáns” e coa axuda dos nenos e nenas de 5o recreamos os versos deste poema escribindo coa pluma.
Pica na imaxe e visualiza o traballo tan fermoso que se levou a cabo.
O 2 de febreiro conmemorase “A Candeloria”, e como di o refrán “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”
Este ano no noso centro investigamos un pouquiño sobre esta festividade, realizamos talleres de sobres e realizamos unhas cartas moi especiais.
Pica na seguinte imaxe para descubrir o que estivemos argallando!
A través da lectura podemos viaxar a diferentes lugares, coñecer novas personaxes e vivir milleiros de aventuras! Por ese motivo deixámosvos as nosas recomendacións lectoras! Anímate a ler!
O Consello da Infancia e a Adolescencia de Tomiño “Voces Novas” volve a pór en marcha unha nova edición de “Unha postal polo Nadal”. Baixo esta iniciativa os nenos e nenas do cole escribiron con moito agarimo e ilusión postais para os maiores de Tomiño.
Pica na imaxe para acceder á presentación.
Durante estas semanas conmemoramos o Día Internacional da discapacidade. Para iso o labor dos voluntarios/as da biblioteca foi fundamental. Xa que, permitiron que coñecésemos diversas historias a través das recomendacións lectoras.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación a favor da inclusión!
Pica na imaxe para acceder á presentación.
O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano, no colexio traballamos a figura das irmáns Mirabal. Pica na imaxe e descobre todas as actividades propostas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer