Febreiro 2022

23 de setembro, día de Rosalía

Hoxe, polo aniversario do seu nacemento, celebramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida). O noso alumnado transplantou e coidou durante toda a semana as plantas, decorando os seus tarros, e escribindo  neles os seus mellores pensamentos.

 

Esta mañá, clase por clase, colocaron as flores no xardín de Rosalía e leron os fermosos pensamentos que escribiron. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos charlaron e á que puideron facer preguntas.

Grazas por facelo tan fermoso!

 

Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.

 

Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”.  Rosalía de Castro

 

#SementandoPensamentos

Exposición das ilustracións do alumnado do Caselles no mercado de Tomiño.

 

Con motivo da semana da ilustración, o alumnado do Caselles elaborou as súas creacións; as cales xa están expostas no mercado do concello. Ademais de gozar das súas marabillosas ilustracións, poderás votar pola túa favorita escaneando o código QR que alí atoparás.

 

Horario da exposición: 

De martes a venres de 09:00h. a 15:00h. e de 17:00h. a 23:00h. 

Sábados, domingos e festas 10:00h. a 15:00h. e de 18:30h. a 23:00h. 

Lecturas pola paz

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.

 

 

 

Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer