BiblioCaselles

Troco de libros no Camiño polo Día do Libro

O pasado 23 de abril (sábado) conmemorouse o día do libro. No cole celebrámolo o día anterior, enmarcado no noso proxecto de centro: “O Camiño de Santiago”.

Para iso, fixemos un troco de libros percorrendo as diferentes etapas do Camiño Portugués dende o noso pobo (que, por mor da choiva, tivemos que trasladar ao interior do edificio).

Facendo clic AQUÍ podedes ver o vídeo publicado en Instagram sobre esta actividade.

Grazas, alumnado e familias, pola vosa participación!

Semana da prensa no Caselles

A semana pasada celebramos “A semana da prensa”. Por este motivo, na entrada da nosa biblioteca instalouse o “Quiosco Caselles” con prensa diversa a disposición do alumnado, tanto para o seu gozo no tempo de lecer como para o seu traballo na aula; xunto co profesorado.

8 de marzo, Día da Muller

Para conmemorar este 8 de marzo, Día da Muller, o alumnado do centro creou un “Photocall” con plumas que previamente decoraron escribindo o nome da muller máis importante da súa vida. 

 

 

Ao longo do día o alumnado fotografouse no seu "photocall" do día da muller. Podedes ver as fotos facendo clic AQUÍ

 

No Instagram do Caselles tedes un vídeo sobre recomendacións lectoras para este día. Podedes velo AQUÍ.

Exposición das ilustracións do alumnado do Caselles no mercado de Tomiño.

 

Con motivo da semana da ilustración, o alumnado do Caselles elaborou as súas creacións; as cales xa están expostas no mercado do concello. Ademais de gozar das súas marabillosas ilustracións, poderás votar pola túa favorita escaneando o código QR que alí atoparás.

 

Horario da exposición: 

De martes a venres de 09:00h. a 15:00h. e de 17:00h. a 23:00h. 

Sábados, domingos e festas 10:00h. a 15:00h. e de 18:30h. a 23:00h. 

Lecturas pola paz

Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.

 

 

 

Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar.

Maleta viaxeira

Bo día!

Chegou ao centro a maleta viaxeira, que contén libros e xogos relacionados co proxecto de centro “O camiño de Santiago”. A partires de hoxe están á vosa disposición na biblioteca do Caselles, animádevos!

Por un nadal cheo de lecturas

 

A piques de comezar as nosas vacacións de nadal, dende a Biblio do Caselles queremos recordarvos que na entrada da biblioteca tedes recomendacións lectoras para estas datas.

Por un nadal cheo de lecturas!

Dende o Equipo de Biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas, nas que non falten saúde e moito amor.

 

A diversidade enriquécenos

 

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o próximo venres, 3 de decembro), queremos recordarvos que na Biblio do Caselles contades co recuncho da diversidade, onde podedes atopar libros sobre esta temática, xunto a outras como: diversidade familiar, diversidade cultural, igualdade de xénero, educación emocional…

 

 

Polas capacidades diversas.

 

Se queres… poden!

 

25N: Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Na biblioteca podedes atopar libros sobre esta temática, que como sabedes están á vosa disposición, expostos xunto ao precioso mural feito polos vosos compañeiros e compañeiras.

 

 

Valiente:

Cuando su alma se quebró,
se oyó por fin su voz:
«Cuánto más me desprecies,
más me querré yo.
Cuánto más me niegues,
más me afirmaré yo.
Cuánto más me pegues,
más débil te harás tú,
más fuerte me haré yo»

María Míguez

 

 

Decoración do día das letras

Estes días todas e todos estiveron, ademais de celebrando o día das letras na Semana Cultural, decorando os diferentes espazos do CEP. Aquí quedan algunhas mostras aínda que non todas.

 

Viva as nosas letras! Seguiremos celebrando este día o que resta de semana.Sorriso 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer