Biblioteca

23 de setembro, día de Rosalía

Hoxe, polo aniversario do seu nacemento, celebramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida). O noso alumnado transplantou e coidou durante toda a semana as plantas, decorando os seus tarros, e escribindo  neles os seus mellores pensamentos.

 

Esta mañá, clase por clase, colocaron as flores no xardín de Rosalía e leron os fermosos pensamentos que escribiron. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos charlaron e á que puideron facer preguntas.

Grazas por facelo tan fermoso!

 

Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.

 

Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”.  Rosalía de Castro

 

#SementandoPensamentos

II Concurso da Biblioteca do Caselles

Con motivo da semana da ilustración, dende a biblioteca do Caselles convocamos o segundo concurso deste ano escolar. Desta vez, retámosvos a escoller un libro da biblioteca e deseñar unha ilustración sobre el.

Ampliamos o prazo ao día 11 de febreiro para presentar as vosas creacións, as cales serán posteriormente expostas no mercado de Tomiño.

 

Saca o teu lado mais creativo e… anímate a participar!




O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo día de nacemento de Castelao. Ademais de recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Neste 2022 é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985).

 

Entrega de premios do concurso "Unha mente que invente"

 

Hoxe fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso da biblioteca “Unha mente que invente”, no que o noso alumnado converteuse en científicos e científicas realizando uns inventos marabillosos.

Os gañadores do primeiro concurso da Biblioteca para este ano escolar foron:

 

  • Hugo G., no 1º nivel.
  • Daniela, no 2º nivel.
  • Izan e Xoel, no 3º nivel.
  • Nerea C., no 4º nivel.
  • Anair e Lucía, no 5º nivel.
  • Zaira e Sabela, no 6º nivel.

 

Todas as fotos AQUÍ

 

 

Parabéns a todos e moitas grazas por participar!

 

Unha mente que invente

Bos días peregrinos!

 

 

 

Hoxe remata o prazo para recoller, na biblioteca, o sobre co que podedes participar no concurso “Unha mente que invente”. Estes días, fostes moitos os que se achegaron a recollelo, polo que debemos agradecer a vosa participación e… se es dos que aínda están dubidando, date presa!

Na entrada da biblioteca tedes inspiración para a realización dos vosos inventos que, de seguro, serán sorprendentes! Estamos desexando velos!

Concurso: "Unha mente que invente"

 

 

 

 

 

 

 

Atrévete a por a proba o teu inxenio e participa no concurso da biblioteca "Unha mente que invente". Pasa pola biblioteca, recolle un dos "sobres sorpresa" e... A inventar!

 

Contos de medo

 

 

 

 

 

 

 

Na entrada da biblioteca tedes unha selección de libros terroríficos para que gocedes da lectura. Atrevédesvos? 

Inauguración da biblioteca para o curso 2021-2022.

 

O pasado domingo, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, onte celebramos a inauguración da biblioteca para este curso escolar coa estrea da película “Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles”. Nesta produción os protagonistas son o alumnado voluntario de 6º de Primaria xunto coa nosa mascota, Uncas. 

Aquí deixamos un vídeo resumo desta xornada:

 

Queres coñecer esta historia ti tamén? A continuación podes visualizar a película:

 

A biblioteca escolar ten a palabra.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade. 
 
 
 
 
 
 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero

Boas vacacións!

      Boas nenos e nenas!                                                           

   Aquí voso amigo Uncas, escribíndovos para desexarvos un moi bo feliz verán! Moi merecido por certo.

  Este curso, como todas e todos sabemos, foi algo "duro de pelar" pero ao fin o rematamos saíndo victoriosas e victoriosos. Espero que o pasarades ben nas diferentes actividades, no recreo, nos traballos cos compañeiros e compañeiras...Seguro as vades e os vades a botar moito en falta, pero algúns e algunhas vos veredes nestes meses. No caso de non ser así, en setembro boltaredes a vervos Guiño.

 Quixera despedirme dicindo que as vosas cartas foron incribles e os vosos debuxos aínda máis! que artistas! Algúns e algunhas este verán queredes pasalo en Maiorca, outros/as en Cabárceno... Tamén me escribíchedes moitos/as que vos gustaria ir a Paris e inclusive ata Australia! Pero, o que máis que gustou foi coñecer os vosos mundos ideais para pasar o verán, totalmente imaxinarios. Mundos cheos de tirolinas, unicornios, coches voadores, xeaderías e sobre todo...Piscinas!

 

Unha aperta enorme e ata o vindeiro cursos campioas e campións!

                                                                                                                                      UNCAS

 

 

Despedimos o curso!

Para despedir este curso 2020/2021 Uncas, a nosa mascota, escribiu unha carta a cada unha das clases. Na mesma, desexaba unhas felices vacacións de verán e tamén formulaba a seguinte pregunta: como serían as vacacións ideais para ti? A través da caixa do correo da biblio os rapaces e rapazas do CEP puideron facerlle chegar as súas respostas.

 


Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer