Como xa sabedes estase a piques de celebrar o Día do Libro, para tal acontecemento, dende a biblioteca, propoñémosvos participar na seguinte actividade.
Unha vez que teñades a foto co voso libro enviádea ó seguinte correo: bibliocaselles@gmail.com
Facédeo canto antes!!Pois a data límite para a súa entrega é o 20 de Abril, luns.
Estamos desexando saber que libros estades lendo neste tempo!!!
Os voluntarios de 5º e 6º seguen a traballar na Biblioteca. Debido ó gran éxito que tiveron as lecturas e interpretacións pasadas, volveron a realizalas para diferentes grupos ademais de preparar diversas actividades sobre as mesmas. A que sabe a Lúa, Salvaje, Blancanieves y los siete enanitos e El viaje, foron as obras protagonistas nos Momentos Lectores.
Ademais de preparar estas interpretacións os voluntarios centráronse na elaboración do Menú Lector e na realización dun Memori. Este xogo conta cas portadas de diferentes libros que se atopan na exposición relacionada co proxecto E-Comedor.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Pásate pola biblioteca, contamos cunha chea de novidades!
Xa temos a revista O Papagaio nos nosos estantes así que podedes achegarvos a ollala!
Ademais de novos libros sobre alimentación, ecoloxía, cociña … Todos eles súper interesantes e desexando ser lidos! Estes son soamente unha pequena mostra de todas as novidades que vos esperan!
Hoxe celebramos os aniversarios do mes de Febreiro.
Moitos parabéns compañeiros!
Maña é o gran día do desfile de Entroido, no que todos poderedes mostrar os vosos mellores disfraces.
Xa fomos preparándonos dende o luns seguindo os mandados do Meco. Esperamos que os cumprirades todos!
Seguimos a traballar a arte dende a biblioteca!
Despois de Retrátate con gusto que tivo un gran éxito comezamos con Quebrarte. En qué consiste esta actividade? Partimos da obra El Puchero de legumbres de Giuseppe Arcimboldo.
Unha vez que os nenos coñeceron este cadro, fixeron a súa propia obra, decorándoa o seu gusto. Cando estivo rematada crearon un crebacabezas coa mesma. Por último, intercambiáronse os crebacabezas para intentar completalos.
Ó igual que a anterior, esta actividade desenvolveuse durante os recreos.
Este mes de Xaneiro celebramos o aniversario de varios compañeiros.
Moitos parabéns!
Dende a Biblioteca estamos a traballar a arte durante os recreos. Unha das actividades que se están a levar a cabo é Retrátate con gusto. Todos aqueles nenos que o desexen poden transformar o seu retrato, empregando diferentes alimentos, en auténticas obras de arte como as seguintes.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Aínda estades a tempo de apuntarvos e realizar o voso
Retrato con Gusto.
Animádevos!
Debido ó gran éxito que tiveron os experimentos na biblioteca durante o pasado mes, en decembro continuamos con esta actividade. Ademais de divertirnos, aprendemos multitude de propiedades que conteñen os alimentos.
Moitas grazas a todos os participantes!
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Este mes temos de aniversario a estos magníficos compañeiros e compañeiras.Moitos parabéns!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer