Que tal estades nenos e nenas?
Son Uncas!Xa vai un tempo que non vos escribía as novas…
Como sabedes, este mes iniciamos o “Mes da Ilustración” na Biblioteca e por iso decoramos os espazos próximos á mesma cun monte de imaxes fascinantes que podedes atopar en diferentes libros. Ademais, a nosa árbore conta con libros relacionados co tema coma:
*Cuadro cuento- de Juan Ramón Brotons (Autor) e Ximena Maier (Ilustradora)
*Cuéntame un cuadro- Quentin Blake
*Descubriendo el mundo mágico de Van Gogh-María J.Jordá.
Vos coñecedes a algún ou algunha artista no mundo da ilustración? Os mozos e mozas de sexto son case expertos/as xa que están facendo unha investigación moi interesante sobre as mesmas e os mesmos. Pero, non vos podo contar moito máis, posto que é sorpresa. Pronto descubriremos de que se trata porque o compartirán co resto da escola
Un saudiño,
UNCAS
A finais do pasado trimestre celebramos o mes da ciencia. Mes que quixemos adicar especialmente (aínda que non unicamente) ás mulleres científicas da nosa terra.
Puxemos en marcha así diferentes actividades nas que se realizaron tarefas enfocadas á investigación e á expresión verbal principalmente. Aínda que… O que máis usamos foi a nosa creatividade! E aínda que o realmente importante foi o proceso, aquí queda mostra dalgúns momentos e traballos sobre :
*María José Alonso
*Mar Campeáns
*Begoña Vilas
*Ángeles Alvariño
*Antonia Ferrín
*Leonardo da Vinci
Antes do remate do primeiro trimestre as alumnas e alumnos de diferentes cursos puideron visitar a biblio. Na mesma puideron comprobar os cambios realizados tendo en conta o protocolo COVID e as novas normas. Pero, tamén puideron contemplar a exposición de libros sobre medio ambiente e comida saudable, os dous temas que une o proxecto do noso CEIP: O Comedor. Deste xeito, puideron descubrir os exemplares máis interesantes para o préstamo de libros deste novo trimestre.
Danos moita mágoa pero como normalmente se di...Todo o bo remata! Foron tres días estupendos onde creamos, compartimos, cantamos e rimos. Quedándonos, eso si, algo para sempre: esta grata experiencia e un aire espontáneo que seguro nos acompañará alá onde vaiamos. Agora somos improvisadoras e improvisadores de primeira
Xa víchedes as fotos da primera sesión, pero aquí quedan un par máis da segunda e desta última:
*Segunda sesión:
*Terceira:
O venres pasado iniciamos o obradoiro "Improvisación oral na vida cotiá" a cargo de Luis Correa " Caruncho" (músico e regueifeiro) . Con el os rapaces e rapazas voluntarios/as da biblioteca no curso 2019/2020 comezaron a coñecer o mundo da improvisación oral. Estamos desexando volver a desfrutar da súa compaña este venres!
Como todos os anos por estas datas, o cole inúndase dunha marea morada que pretende "arrasar" esta lacra social que tanto nos avergonza.
Nesta ocasión, o equipo de biblioteca achegou unha proposta de traballo empregando a canción "BÁGOAS NA PEL", do grupo "Volta e dalle", como lazo comunicativo para toda a comunidade escolar. Os primeiros cursos encargáronse de escribir nuns círculos sobre o respeto entre xéneros e os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º, prepararon as distintas palabras que conforman o retrouso.
Tamén mostramos o traballo das compañeiras de cuarto curso de E.P que fixeron este fermoso mural para concienciarnos da importancia deste día. A súa vez, aproveitaron para recordarnos os dereitos dos nenos e nenas.
Agardamos que o resultado vos guste tanto como a nós.
O Equipo de Biblioteca ca colaboración de 4 alumn@s de quinto curso realizou este vídeo para mostrar as novidades da biblioteca durante este curso tan especial.
Boas nenos e nenas!
Estou encantado con tanta correspondencia!
Gustáronme moito as vosas cartas,
tanto polo que me contades coma
polos debuxos e as cores.
Volvereivos a escribir!
Unha aperta,
UNCAS
Como non podería ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o noso SAMAÍN, porque en Biblio-Caselles encántanos “PASALO DE MEDO”!!!
Para darlle valor as nosas raíces e tendo sempre presente a esencia da nosa cultura, quixemos facer unha homenaxe á tradición regueifeira do noso pobo. As regueifas, son disputas en forma de canto entre dúas ou máis persoas. Algo moi semellante ocorre coas actuais “batallas de galos”, que empregan o RAP como estilo comunicativo para resolver unha liorta oral entre os seus participantes. Desta mestura entre tradición e modernidade xurdiu o vídeo que achegamos a continuación. Unha disputa entre o Frankenstein, Home Lobo, pantasma e Drácula sobre quen é o máis terrorífico dos monstruos.
Agradecemos a colaboración do noso alumnado de 5º B.
E a ti...
Quen che parece o máis monstruoso?
Boas nenos e nenas do CEP Pedro Caselles!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer