dia do libro

Día do Libro

Celebrando o Día do Libro!

Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa.

Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias!

Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!

             

Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida.

Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.

   

Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.

                       

E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.

 

 

 

Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente.

Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA!

Día do libro

O 23 de abril conmemorase o Día do Libro. Para conmemorar unha data tan importante para a nosa biblioteca e seguindo o proxecto do centro “Somos artesáns” os nenos e nenas crearon o seu marcapáxinas de papel reciclado.

Pica na imaxe e descobre o que estiveron argallando!

Rotamos! Roteiro de libros

Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:

-Chefs Caselles (cociña)

-Plantas con flor(Kamishibai) 

-Vaia conto! (contos clásicos) 

-Monicreques (obradoiro de marionetas)

-Titiriteiros (expresión oral)

-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)

En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.

 

 

 

Día do libro!

Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes?

Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!

 

 

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!

Nesta xornada contamos con dúas actividades moi interesantes. 

Por unha parte, a mamá de Julia, de cuarto, cóntanos o conto "El frasco de la melancolía", unha obra do Dr. Eduard Estivill e Montse Doménech, que nos fará reflexionar sobre o sentido da felicidade. Moi atentos!!!

Ademais, os nenos de segundo, preséntannos uns libros desplegables que fixeron a partir do seu conto favorito! Quedan incribles, animádevos a facer o voso!!!

  

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!!

Bo día!

Nesta xornada imos desfrutar de dous marabillosos contos. En primeiro lugar, comezamos con Juan, que nos le ca axuda da súa nai, "O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Un conto que nos fará pensar e reflexionar sobre a nosa forma de actuar na casa!!Debemos cambiar algo?

 

Por outra parte, Marcos, coa axuda do seu pai, deléitanos cunha das obras máis coñecidas do escritor francés Julio Verne "20000 Leguas de viaje submarino". Un clásico que todos debemos coñecer! Moi atentos á lectura e posterior visionado do libro!!!!Interesantísimo!!!

 

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!

Hoxe é Noa de terceiro quen nos conta un divertidísimo conto titulado "Doña Despistada" de Roger Hsrgreavers. Algún de vós é despistado?? Moi atentos a esta entretida historia!!!

 

Sabemos que moitos estades inmersos na lectura de marabillosos libros. Para non facer como Doña Despistada e perder a páxina que estades lendo, os nenos de segundo, propóñennos ideas para facer estupendos marcapáxinas!! Botádelle un ollo para coller ideas e realizar o voso!!!

Ademais, explícannos o motivo polo cal o Día do Libro se celebra o 23 de Abril!!Non perdades detalle!

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO

As familias tamén se involucraron para celebrar o Día do Libro. Nesta adaptación do "Lobo e os setes cabritiños" dos irmáns Grimm, Nerea e Leila xunto o seu pai representan este conto tradicional de forma divertida!!

Non vos perdades nin un minuto!!!

 

Os máis cativos tamén se animan a celebrar este día. A súa tarefa consistía en ler o conto "El Oso Simón", para posteriormente, contalo coas súas palabras!!! Animádevos a ler as diferentes versións!!!

  

 

CONTOS PARA O DÍA DO LIBRO!!!

Co motivo do Día do Libro, foron moitos os compañeiros e compañeiras  que se animaron a contarnos un conto para permitirnos viaxar dende a casa!!! Animádevos a escoitar estas magníficas historias!

Hoxe, disfrutaremos de dúas delas. A profe Jessica, animouse co conto "El árbol generoso" de Shel Silverstein, unha obra que nos fará pensar e reflexionar! Atentos!!

Gustouvos verdade? Pois aínda queda un!!

Pola súa parte, Carlota, cóntanos o conto "Amelia quere un can" de Tim Bowley. Desfrutade!!!

  

Este foi só o comezo!!!Estade moi atentos o noso blogue xa que cada día se publicarán novidades!!!Mañá espéranvos outros dous marabillosos contos!!!Risa

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO!

Por fin chegou O Día do Libro!

Fostes moitos os que participastes na actividade que vos propuxemos dende a Biblioteca! E como resultado, este vídeo recopilatorio de todos os libros que estades lendo!! Como vedes, profes e alumnos do Caselles, somos uns grandes lectores!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer