Meigas, zombis, noivas cadáver, Catrinas, Harly Queens, Jokers, Mércores (sí, hoxe é mércores, pero facemos referencia á cativa da familia Adams)… hoxe a escola encheuse de todos estes seres para celebrar o Samaín! Que medo!
Na entrada da nosa biblioteca atoparedes recomendacións lectoras para estes días de descanso na casa… aproveitando a temática do Samaín.
No corredor da entrada poderedes ver os Monstros elaborados polo alumnado de 1º e 2º no III Concurso de Personaxes Terroríficos. Ademais, están publicados os microrelatos de 3º, 4º, 5º e 6º gañadores do III Concurso de Microrelatos de Medo. Ambos organizados polo Equipo Biblio. Moitos parabéns aos gañadores e moitísimas grazas pola vosa participación!!!!
No corredor central atopamos o mural de Samaín e a exposición de cabazas organizada polo Equipo de Complementarias e de Dinamización da Lingua Galega. Que medo! Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración e crear estas cabazas tan fermosas!
E tamén tivemos tempo de comer! Mirade que merendas máis teroríficas!!!!
Grazas, familias, pola vosa participación e implicación en todas as actividades que facemos!
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Por iso onte, xoves 24 de outubro, foi o día escollido polo noso Equipo de Biblio para inaugurala... Aínda que en lugar de Equipo, sería mellor falar de Comisión, xa que este ano a cousa vai ir de troula.
De troula? Efectivamente, este curso o proxecto do centro leva por título “O Caselles vai de troula!” e é por iso que onte arrancamos coa Bibliotroula 24-25!
Como en toda festa presentouse á Comisión e aos voluntarios e voluntarias de 6º que axudarán a difundir, preparar, organizar, colocar, ordenar... o que sexa necesario para seguir impulsando a biblioteca como centro de recursos para a lectura, a creación, a información e a aprendizaxe.
A continuación non podía faltar o pregón. O encargado de levalo a cabo foi o noso benquerido Alfonso, que viu a visitarnos para inaugurar a nosa biblioteca e presentar o cartel de actividades da Bibliotroula!
Por último, como en toda festa, chegou o momento da actuación musical! Moitísimas grazas á mestra Lara por volver ao cole e permitirnos gozar e bailar coa súa música!
Pinchando aquí poderedes ver algunhas fotos máis desta inauguración tan especial. Grazas pola vosa alegría nesta celebración!
Comezamos!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer