Xuño 2021

Boas vacacións!

      Boas nenos e nenas!                                                           

   Aquí voso amigo Uncas, escribíndovos para desexarvos un moi bo feliz verán! Moi merecido por certo.

  Este curso, como todas e todos sabemos, foi algo "duro de pelar" pero ao fin o rematamos saíndo victoriosas e victoriosos. Espero que o pasarades ben nas diferentes actividades, no recreo, nos traballos cos compañeiros e compañeiras...Seguro as vades e os vades a botar moito en falta, pero algúns e algunhas vos veredes nestes meses. No caso de non ser así, en setembro boltaredes a vervos Guiño.

 Quixera despedirme dicindo que as vosas cartas foron incribles e os vosos debuxos aínda máis! que artistas! Algúns e algunhas este verán queredes pasalo en Maiorca, outros/as en Cabárceno... Tamén me escribíchedes moitos/as que vos gustaria ir a Paris e inclusive ata Australia! Pero, o que máis que gustou foi coñecer os vosos mundos ideais para pasar o verán, totalmente imaxinarios. Mundos cheos de tirolinas, unicornios, coches voadores, xeaderías e sobre todo...Piscinas!

 

Unha aperta enorme e ata o vindeiro cursos campioas e campións!

                                                                                                                                      UNCAS

 

 

Despedimos o curso!

Para despedir este curso 2020/2021 Uncas, a nosa mascota, escribiu unha carta a cada unha das clases. Na mesma, desexaba unhas felices vacacións de verán e tamén formulaba a seguinte pregunta: como serían as vacacións ideais para ti? A través da caixa do correo da biblio os rapaces e rapazas do CEP puideron facerlle chegar as súas respostas.

 


Esta semana no Caselles!

 

Os nenos e nenas de primeiro curso de EP desfrutaron dentro do espazo da biblioteca da clásica película Matilda, rindo a escachar e aprendendo o valor de ser diferentes así como a coñecer non só o que debemos mellorar senón tamén os aspectos positivos de cada un. 

Por outra banda, no CEP  o alumnado de terceiro e cuarto recibiu a visita do equipo de balomán Mecalia- Atlético Guardés, unha gran sorpresa para todos e todas. O motivo foi darlle visibilidade ao deporte feminino así como ao esforzo e constancia para conseguir o que queres. Esta visita xurdiu da semana da muller, onde o profe Adrián falounos da súa labor como entrenador dun equipo feminino do seu Concello.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer