Susa Herrera visita o Caselles!

O pasado martes 5 de novembro recibimos a unha convidada moi especial xa que foi unha das profesoras máis recoñecidas da universidade na formación musical e que se dedicou a facer música para os máis cativos e cativas e non tan cativos.

 

Para iso presentounos, en dúas quendas, a todo o colexio o seu libro EN CABÁRCENO RUGIDOS Y CANCIONES. A través de diferentes animais de cada unah das partes do noso mundo, ensinounos caracterísiticas de cada un dos deles ademais de facernos partícipes na coreografía de cada canción. 

Non tedes máis que vernos para comprobar que ben o pasamos!

Facede clic nas imaxes para ver máis fotos dete día!

 

 

 

Genially Samaín

Se queres saber algo máis de Samaín, por a proba os vosos coñecementos sobre dita celebración, ver as nosas recomendacións e escoitar aos gañadores dos Microrelatos de medo... fai Clic na imaxe e mergúllate no noso Genially de Samaín

 

Samaín na Bibliotroula

Meigas, zombis, noivas cadáver, Catrinas, Harly Queens, Jokers, Mércores (sí, hoxe é mércores, pero facemos referencia á cativa da familia Adams)… hoxe a escola encheuse de todos estes seres para celebrar o Samaín! Que medo!

Na entrada da nosa biblioteca atoparedes recomendacións lectoras para estes días de descanso na casa… aproveitando a temática do Samaín.

No corredor da entrada  poderedes ver os Monstros elaborados polo alumnado de 1º e 2º no III Concurso de Personaxes Terroríficos. Ademais, están publicados os microrelatos de 3º, 4º, 5º e 6º gañadores do III Concurso de Microrelatos de Medo. Ambos organizados polo Equipo Biblio. Moitos parabéns aos gañadores e moitísimas grazas pola vosa participación!!!!

 

 

No corredor central atopamos o mural de Samaín e a exposición de cabazas organizada polo Equipo de Complementarias e de Dinamización da Lingua Galega. Que medo! Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración e crear estas cabazas tan fermosas!

 

E tamén tivemos tempo de comer! Mirade que merendas máis teroríficas!!!!

 

Grazas, familias, pola vosa participación e implicación en todas as actividades que facemos!Sorriso

Inauguración da Bibliotroula!

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Por iso onte, xoves 24 de outubro, foi o día escollido polo noso Equipo de Biblio para inaugurala... Aínda que en lugar de Equipo, sería mellor falar de Comisión, xa que este ano a cousa vai ir de troula.

De troula? Efectivamente, este curso o proxecto do centro leva por título “O Caselles vai de troula!” e é por iso que onte arrancamos coa Bibliotroula 24-25!

Como en toda festa presentouse á Comisión e aos voluntarios e voluntarias de 6º que axudarán a difundir, preparar, organizar, colocar, ordenar... o que sexa necesario para seguir impulsando a biblioteca como centro de recursos para a lectura, a creación, a información e a aprendizaxe.

A continuación non podía faltar o pregón. O encargado de levalo a cabo foi o noso benquerido Alfonso, que viu a visitarnos para inaugurar a nosa biblioteca e presentar o cartel de actividades da Bibliotroula!

 

Por último, como en toda festa, chegou o momento da actuación musical! Moitísimas grazas á mestra Lara por volver ao cole e permitirnos gozar e bailar coa súa música!


Pinchando aquí poderedes ver algunhas fotos máis desta inauguración tan especial. Grazas pola vosa alegría nesta celebración! 

Comezamos!

RADIO UNCAS

Ao longo de 7 días puidestes gozar dos diferentes programas que prepararon e gravaron os nenos e nenas de 3º ao longo deste terceiro trimestre.

Cada día os nosos presentadores e presentadoras dan paso á sección que toca. Nelas atoparedes cousas tan interesantes como o que podemos atopar no noso patio, a nosa biblioteca, algunhas das actividades que realizamos ao longo do curso, entrevistas... e ata peticións!

Como todo bo programa de radio conta coa súa sección de publicidade, neste caso patrocinada por Flocos Tolos e gravada polos propios integrantes de dita cooperativa. Moitas grazas nenos e nenas de 5º!

Por último, atoparedes unha predición do tempo a cargo do equipo de meteorólogos... que estiveron bastante acertados! Sen esquecer os agradecementos finais.

Que dis? Que aínda non o escoitaches? Pois corre a RADIO UNCAS!

Bo verán!

Os nenos e nenas de 3º

   

   

  

 

                                        

Visita autores

 Celebrando a literatura galega na nosa biblioteca escolar!

Este mes, os alumnos de terceiro tiveron a honra de recibir unhas visitas moi especiais na nosa biblioteca escolar.  A escritora María Lado, autora do libro "Caramomia", e o talentoso Pere Torabuela, autor de "Formigas", brindáronnos coa súa presenza.

Ao longo deste curso escolar os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo literario destes autores galegos contemporáneos. Leron con entusiasmo as súas obras, explorando as historias cautivadoras e os personaxes memorables que crearon.


Durante a súa visita, o alumnado realizou diferentes preguntas a Maria Lado e a Pere Torabuela, compartiu as súas impresións sobre os libros e profundizou no proceso creativo que deu vida a “Caramomia” e a “Formigas”.

Esta actividade non só fomenta o amor pola lectura entre os nosos alumnos e alumas, senón que tamén lles brinda a oportunidade de interactuar directamente cos autores, enriquecendo a súa comprensión da literatura galega contemporánea e fortalecendo a súa habilidade para expresarse na nosa lingua materna. 

Agradecemos sinceramente a María Lado e Pere Torabuela pola súa xenerosidade ao compartir o seu tempo e coñecemento con nós. A súa visita deixou unha pegada, inspirándoos a seguir explorando o fascinante mundo da literatura galega.

Continuemos celebrando e promovendo a nosa rica herdanza literaria na nosa querida biblioteca escolar!

 

Guia de comunicación segura

 Para escoitalo:

AdxuntoTamaño
GUÍA COMUNICACIÓN SEGURA.pdf85.6 KB

Día do Libro

Celebrando o Día do Libro!

Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa.

Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias!

Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!

             

Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida.

Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.

   

Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.

                       

E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.

 

 

 

Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente.

Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA!

Senta un anaquiño e le un pouquiño

Inauguramos un novo espazo escolar: un recuncho especial dedicado á lectura compartida! “Senta un anaquiño e le un pouquiño” é unha casiña onde poderedes atopar diversos libros, a cal está deseñada para fomentar o intercambio de libros entre a nosa comunidade educativa.

O concepto é sinxelo: podes deixar un libro do que xa gozaches e coller outro que esperte o teu interese. Deste xeito, promovemos a lectura colaborativa e ofrecemos unha oportunidade para descubrir novas historias e aventuras.

Convidamos a todas as familias a participar neste emocionante proxecto! Esperamos vervos pronto en “Senta un anaquiño e le un pouquiño”

Equipo biblioteca e Equipo Patios.

 

Obradoiro de escritura de rap

Hoxe, o alumnado de 3º de EP tivo a oportunidade única de participar nun obradoiro de escritura de rap, impartido por Pedro Iglesias. Foi unha experiencia que non só lles permitiu explorar a súa creatividade, senón tamén aprender sobre a importancia e o poder da palabra.

    

Durante o obradoiro, os alumnos e alumnas foron guiados por Pedro para explorar diferentes temas e técnicas de escritura de rap. Con este obradoiro queremos animar aos nosos alumnos e alumnas a explorar diversas formas de expresión artística, e este obradoiro foi un exemplo perfecto. A través da música e a poesía, os estudantes puideron expresar as súas ideas, sentimentos e pensamentos. 

                                        

Agradecemos a Pedro por compartir o seu talento e inspiración con nós, e esperamos seguir ofrecendo experiencias enriquecedoras como esta no futuro.

 

 

Equipo de biblioteca.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer