PREMIOS PARAOS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU.
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS
PREMIOS PARAOS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU.
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS
Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.
Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día
POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN"
Dende a biblioteca escollemos diferentes libros e xogos para este día.
Organizamos un concurso!!!!!
“II Concurso de Contos”
Escribe un pequeno relato. Unha historia de xenerosidade, amizade, amor, sorpresas, alegrías, humor, enxeñosa,…
Totalmente voluntario, pode ter a extensión que cada quen precise. Con presentación limpa e coidada (letra, marxes, ortografía).
Tamén podes incluír algunha ilustración.
- Participación individual.
- Haberá premios en tres categorías:
1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo
- Data límite de entrega: o venres 18 de decembro.
- Non esquezas poñer: Título, nome e curso.
- Os contos tédelos que entregar na caixa do correo (azul, vermella e verde) que estará na mesa da bibliotecaria.
A vosa amiga, Peiti.
Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Este curso celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co alumnado d 5° facendo un contacontos aos compis de 1°. Presentamos as normas e organización da nosa biblioteca Anisia Miranda e entregamos os carnets ao novo alumnado no cole.
Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.
Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.
PeitiMuseo d`ARTE
Todas estas creacións de arte quedaron recollidas na revista "Arco da Vella" e neste vídeo:
Investigamos os autores e autoras que dan nome a cada aula do Centro. Cada titoría investigou o seu persoeiro e creou un “lapbook” para presentar a información que se compartíu na semana das Letras Galegas.
Elaboración de obras representativas de cada etapa da Historia combinando materiais e técnicas. Despois de investigar cada unha das etapas e pescudar información da arte dos nosos antepasados comezamos a facer as nosas.
Presentamos este concurso con 6 convocatorias ao longo do curso. Retos para atopar libros, revistas e outros fondos. O alumnado debe contestar ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo á porta da biblio ou no blog).Se as respostas son correctas gañan un selo para o seu “pasaporte artístico”.Cada tres selos teñen premio!
O proxecto de ARTE deste curso impregnou ás conmemoracións e actividades complementarias. Comezou o Meco a dar ordes e o alumnado estivo atento a vir como mandaba!!!
Descubrimos a música que hai nos versos de Rosalía de
Castro, estudando como os mesmos poemas e textos poden ser musicados en distinto estilos musicais.
Construímos un maio e compuxemos rimas en tono de broma ou chiste, para falar das cousas que pasaron durante o ano.
Para conmemorar o 5 de xuño, todo o alumnado fixo distintas
pezas escultóricas e pinturas; tanto individuais como en
pequenos grupos; con moi variados elementos e materiais recuperados.