blog BiblioAnisiaMiranda

COMEZA O CONCURSO “LIBREANDO” 2024-25

ESTIMADAS LECTORAS E LECTORES,

       PEITI AGOCHOU UN LIBRO QUE TEDES QUE ATOPAR  SEGUINDO AS PISTAS

       CANDO ATOPEDES O LIBRO CONTESTADE ÁS PREGUNTAS E METEDE A FICHA NA CAIXA DO CORREO DO CONCURSO

SE AS RESPOSTAS SON CORRECTAS GAÑAREDES UN SELO NO “PASAPORTE DE RETOS”.

CONSEGUINDO SELOS HABERÁ PREMIOS!!

 

MOITAS  GRAZAS POR PARTICIPAR NOS XOGOS DA BIBLIOTECA!

A VOSA AMIGA,

Novos fondos de lectura 82 (autónomos) e 83 (expertos)

Compis, estas son as últimas compras/novidades que temos na nosa biblioteca Anisia Miranda:

 Os libros "NOVIDADES" están xunto á porta de saída, nos andeis de “New Arrivals”.

 Pasados uns días podédelos atopar no seu andel 82, ou 83.

Moitas grazas.

A VOSA AMIGA, PEITI. 

Día das bibliotecas escolares 2024

O xoves 24 de outubro, compartimos a sesión de lectura no “Recanto de Peiti”, na entrada do cole. 

Durante todo o mes de outubro estivemos xogando ás pistas coa mascota da nosa biblio, para tentar adiviñar o tema do cole deste curso. Por fin resolveuse o misterio:

 

=>Entregamos os diplomas aos voluntarios e voluntarias de 6º EP

=>Entregamos as "Mochilas Viaxeiras" a cada titoría, e

=>Presentamos o II Concurso de Epitafios para o Samaín.

 

II Concurso de epitafios por Samaín

HIP  HIP , R.I.P.  R.I.P.   hurra!!!!

Organizo un concurso!!!!!

 Co gallo do día 31 de outubro, “Samaín”, propóñovos que lle deades un pouco ao “coco” e pensedes un epitafio!!!.

Cal é o tema do Cole este curso?

 Estimados lectores e lectoras, 

Peiti QUERE XOGAR ÁS PISTAS para adiviñar o tema do cole deste curso. Podedes escribir a vosa solución nos post-it no corredor da sala de profes. 

Recomendacións verán 24

recomendacións verán 24

Poesías con Anxo Iglesias

Na clase de 5º pasamos unha mañá moi amena ao ritmo das poesías de Anxo Iglesias. 

Trouxo moitos xogos de palabras para que todos e todas puidéramos facer poesía de xeito creativo.

Visita da escritora Iria Misa

Hoxe o alumnado de 6º A e 6ºB tiveron a sorte de compartir tempo coa escritora Iria Misa. Faloulles do seu libro “Unha veciña de película”, libro que está no itineraio lector de 6º.

Neste tempo compartido, tan divertido, o alumnado e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre os libros e o cinema.  Tamén tiveron a sorte de poder ter os seus libros asinados pola autora.

Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.

Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!