Lecturas

Voluntariado Lector 2023-24

  

Recomendacións verán 24

recomendacións verán 24

Poesías con Anxo Iglesias

Na clase de 5º pasamos unha mañá moi amena ao ritmo das poesías de Anxo Iglesias. 

Trouxo moitos xogos de palabras para que todos e todas puidéramos facer poesía de xeito creativo.

Visita da escritora Iria Misa

Hoxe o alumnado de 6º A e 6ºB tiveron a sorte de compartir tempo coa escritora Iria Misa. Faloulles do seu libro “Unha veciña de película”, libro que está no itineraio lector de 6º.

Neste tempo compartido, tan divertido, o alumnado e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre os libros e o cinema.  Tamén tiveron a sorte de poder ter os seus libros asinados pola autora.

Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.

Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!

  

Recomendacións de Nadal

Recomendacións lectoras para todas/os

Un ano máis rematamos o curso coas recomendacións lectoras para alumando e familias.

Bo verán para todas e todos. Esperamos que desfrutedes moito da lectura.

Último club de lectura do curso

O luns finalizamos o club de lectura de 5º co libro "Palabras de Caramelo" cunha merenda e conversa sobre o libro. " Palabras de Caramelo" é doce e tenro, pero é duro, pura realidade do que pasa nos campamentos de refuxiados do Sahara. Ensinounos valores como o respecto, a superación, a aceptación e a loita polo que un quere.

Club de lectura de 6º con Anxo Fariña

O club de lectura de 6º tivo a sorte de desfrutar coa presenza de Anxo Fariña: ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Ademais de comentar o libro lido " Os Megatoxos e o reto en Internet" tamén  aprenderon  trucos sinxelos para crear imaxes e botarlle imaxinación aos deseños; escolleu a un alumno que tivo o privilexio de ser retratado, cunha visión moi particular da súa imaxe. E por último para rematar o encontro compartiron unha rica merenda.