Lecturas

Club de Lectura

O próximo venres, 25 de xaneiro,  os membros do club de lectura, quedamos na biblioteca para que vos entregue o novo libro. 

  Atrevédevos a pasar un poco de medo con esta historia de misterio cos protagonistas dos Sen Medo (Álvaro, Belén, Cris e David), unha cuadrilla que vive historias de intriga e misterio en escenarios terroríficos :-)
 
 

Contos coa nai de Abril de 3ºB

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza da nai de Abril, que nos relatou varios contos do seu país Colombia, do autor  colombiano Rafael  Pombo.

Moitas gracias por vir.

ESTE MÉRCORES 19 CONTAMOS COA LECTURA DA MADRIÑA DE ALBA DE 1º B

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS

Aquí vos deixamos unha lista de libros, para darvos ideas para ler e seguir gozando coa lectura, na lista veñen libros para tod@s desde os máis cativos do colexio ata para os maiores da casa, esperamos que vos sexa útil.

MÉRCORES 12, CONTAMOS COA LECTURA DA NAI DE ENZO DE 2ºB

ANIMACIÓN Á LECTURA COAS FAMILIAS

Este ano queremos animar ás familias para que nos veñan contar, interpretar, narrar, recitar... libros, contos, poemas, historias... 
Os mércores nos recreos todas/os podédesvos achegar á biblioteca para gozar destes artistas.
Os primeriros valerosos foron os pais de Daniela  de 3º B que nos contaron o libro "Las princesas también se tiran pedos"; Daniela tamén participou e estivo xenial.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

O verán é un excelente momento para ler , para aprender cousas novas e divertirse. A lectura de verán é unha boa forma de vivir aventuras, de gozar da lectura con libros entretidos e amenos elixidos por eles; aquí vós deixamos uns cantos libros que vós poden interesar.

1º CLUB DE LECTURA

 DÍA: Martes 13 
 LUGAR: Biblio Anisia Miranda.
 HORA: 12:10h
 PARTICIPANTESOs  membros do club de lectura.
                                               

LIBRO: