Lecturas

HORA DE LER

Un tempo para a lectura libre no horario lectivo. No noso centro todas e todos lemos depois do recreo. Aquí unha pequena mostra do sumerxidos/as que estamos nas nosas historias.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Regala historias emocionantes, infinitas viaxes pola imaxinación e novos coñecementos para nenos/as e adultos. Atopa nesta selección os títulos de libros para regalar en Nadal.

Recomendacións lectoras para o verán

  Chegaron as vacacións escolares e con elas as recomendacións de lecturas de verán.


    Aquí vos deixamos unha selección de contos e libros para todas as idades cos que divertirvos e non perder  o bo hábito de ler un pouco cada día.

 

 

3º CLUB DE LECTURA

Desta vez o  libro foi: "Unha viaxe inesperada" de Lluís Llorte e Salvador Macip; gustóunos moito, grazas a el vivimos unha gran aventura con Arman e a súa mascota, un lémure. Arman por un accidente adquire un superpoder e tamén viaxa ao outro lado do mundo, animámosvos a que o leades

Xa veredes que divertido é!GuiñoRisa

SEGUNDO CLUB DE LECTURA

O segundo club de lectura foi adicado ao libro "La casa del fin del mundo" do autor José María Plaza, da editorial Edebe.

Gustoulles a todas o libro. Os protagonistas son 4 rapaces que viven unha historia de suspense e misterio, o que fai que teñas ganas de ler o libro para saber que lles pasa.

Moitas grazas as alumnas que participaron na lectura e compartiron este recreo para poder falar do libro.


Imos a polo seguinte!

Maleta: Por unha biblioteca inclusiva

 Esta vez tivemos a sorte de poder ler os libros da maleta da inclusión, cun total de 38 libros,  estivo por todas as clases. Gustaríanos que fose máis tempo, porque non nos da tempo a disfrutala como nos gustaría.

O CONTO E A MÚSICA , NOS CONTOS COAS FAMILIAS

Un mércores máis tivemos a sorte de gozar coa presenza das familias no recreo. Neste caso puidemos  cantar e bailar. Esta vez estivo con nós o tío de Samara de 1º B, David, que tocou o tambor e cantamos con el a canción  "Que ricos os bicos" de Cé Orquestra Pantasma.

 

 

 

 

Tamén agasallounos con dous libros de Cé Orquestra Pantasma.

 

 

 

 

Moitísimas grazas David.Risa

A maleta da inclusión

  Dende o 5 de decembro ata o 28 de xaneiro tivemos no noso centro a maleta de "Inclusión primaria" gracias  o CFR de Vigo. A maleta pasou por todas as aulas e todas e todos puidemos gozar do seu contido. Recoñecemos así a diversidade das persoas e as diferenzas individuas de cada un, entendento que a diversidade non é un problema, senón unha oportunidade para enriquecernos aprendendo uns de outros.