Lecturas

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición  un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 

Bolechas Libro Carvalho Calero

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL DO 2020 dende a casa.

Hoxe para festexar o Día do libro dende o noso claustro fixemos esta interpretación da canción de Rozalén "Aves enjauladas" que acaba de publicar en colaboración coa ONG  Entreculturas.

A mensaxe  que nos quere  transmitir Rozalén é que "temos que vivir o que nos tocou día a día, aprendendo desta para volver con máis forza"



 
Cada reprodución en Youtube,  Spotify e outras plataformas permitirá a  Entreculturas apoiar as familias con risgo de exclusión social.

Día da muller na biblioteca.

Polo Día da Muller, tiveron lugar unha serie de actividades de concienciación sobre relevancia das mulleres en campos recoñecidos, normalmente, como do xénero masculino. 

 Mulleres destacadas en diferentes ámbitos profesionais, acudiron ao noso centro para falarnos das barreiras que tiveron que superar para chegar ata onde hoxe en día se encontran.
O alumnado do 1º e 2º, 3º e 4º, tivo a sorte de contar con Luisa Martínez Lorenzocientífica e autora do libro "Puf! Vaia peido". Falounos dos personaxes de ciencia ficción cun perfil científico, e que habitualmente, son personaxes masculinos. O espazo elixido para levar a cabo a charla foi a biblioteca.
 
     Os maiores, gozaron da magnífica charla impartida por Mª África González Fernández, directora do Centro de Investigacións Biomédicas e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo.
Ofreceunos información moi relevante sobre avances médicos e contounos infinidade de anécdotas e curiosidades da súa vida, o que a levaron a exercer a 
súa profesión. O espazo elixido para esta charla tamén foi a biblioteca.
 
 
Grazas a estas dúas mulleres, que sen dúbida, son un exemplo de loita por facerse visibles.

Día Internacional da Muller

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller e lembramos a necesidade de manter o impulso pola igualdade de dereitos e de oportunidades entre as mulleres e os homes.
Aquí tedes unha pequena mostra do recuncho feito cos libros relacionados con este día. Na biblioteca podedes atopar moitos máis.  

Recompilación de contos e libros ilustrados para gozar coa lectura do entroido

 
 
“ É tempo de Entroido” Ramón D. Veiga e David Sierra, Xerais. As coloridas ilustracións e as rimas fan un percorrido polos distintos entroidos tradicionais galegos e as comidas típicas destas datas. Para nenos/as de cinco a oito anos.
 
“ O tío Lobo” Xosé Ballesteros e Roger Olmos, Kalandraka. Carmela é unha nena moi larpeira, a súa nais vaille preparar unas chulas de entroido pero tenlle que pedir prestada a tixola ao Tío Lobo. Un conto de medo e de humor cun final inesperado. Para nenos e nenas de cinco a oito anos.
 
 
Grisela”Anke de Vries e Willemien Min, Kalandraka. Grisela é unha ratiña que non se sinte ben co seu aspecto, proba a pintarse de distintas cores, con raias, con flores. Conseguirá sentirse mellor? Para nenas e nenos de tres a seis anos.
 
“ Mis amigos monstros” Kókinos. Todas as noites unha nena disfrazábase de tigre, dragón ou xigante para protexerse dos temibles monstros que se coloban no seu cuarto. Para nenas e nenos de cinco a sete anos.
 
“Sirenas” Jessica Love, koninos. A Julían gústanlle moito as seres, cunha planta, unas flores e unha cortina faise un fermosao disfraz. Un albúm ben ilustrado, que non xuzga nin condena, que respeta o desexo de cada un de ser o que soña e elixe.

11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A brecha de xénero na Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas ( STEM) mantense en todo o mundo desde hai anos, a pesar de que a participación das mulleres nas carreiras de grao superior creceu enormemente. 

 
Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

A aula é un ámbito  importante no que combater a brecha de xénero en Ciencia e tecnoloxía. As alumnas de hoxe son as científicas e as  tecnólogas de mañá. Que elixan estudar ciencia pode depender en gran medida de que hoxe coñezan mulleres científicas e os seus logros, de que teñan roles femininos nos que poder verse reflectidas.

 

Libro "Perigo vexetal". Club de lectura

Esta novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza, foi o último libro lido no noso club de lectura.
 Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. 
 Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai ser o eixo de toda a trama.

A valoración desta novela foi dun 6.

"Todo o tempo do mundo"

"Todo o tempo do mundo" será o seguinte libro do club de lectura.