O luns finalizamos o club de lectura de 5º co libro "Palabras de Caramelo" cunha merenda e conversa sobre o libro. " Palabras de Caramelo" é doce e tenro, pero é duro, pura realidade do que pasa nos campamentos de refuxiados do Sahara. Ensinounos valores como o respecto, a superación, a aceptación e a loita polo que un quere.