O club de lectura de 6º tivo a sorte de desfrutar coa presenza de Anxo Fariña: ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Ademais de comentar o libro lido " Os Megatoxos e o reto en Internet" tamén aprenderon trucos sinxelos para crear imaxes e botarlle imaxinación aos deseños; escolleu a un alumno que tivo o privilexio de ser retratado, cunha visión moi particular da súa imaxe. E por último para rematar o encontro compartiron unha rica merenda.
O alumnado de 2º ciclo plasmou as súas películas en diferentes formatos artísticos para iso pescudaron e investigaron ideas para ter como resultado estes escaparates tan visuais.
Aquí deixo unha pequena mostra.
Queremos agradecerche que adiques uns minutos a cubrir a enquisa para recoller información sobre a biblioteca, así saberemos a túa opinión e poderemos mellorar a nosa bibliblioteca "Anisia Miranda" o próximo curso.
Da clic na seguinte palabra:Enquisa ALUMNADO
Agradecémosche, dende o equipo de biblioteca, que adiques uns minutos para cubrir a enquisa. Necesaria para obter a vosa valoración e propostas de mellora para o vindeiro curso. E tamén para incluila no PLAMBE.
Para entrar a cubrila pulsa en: Enquisa PROFESORADO
Moitas grazas pola vosa colaboración.
No colexio CEP Xosé Neira Vilas celebramos as Letras Galegas con moitas actividades para gozar e mimar á Nosa Lingua.
Saída pedagóxica ao bosque da Lingua e da Memoria, no que gozamos do contacontos de Ixeo, grazas á comunidade de Montes de Couso.
Plantamos camelias no recuncho adicado a Rosalía de Castro.
Traballos de investigación para coñecer a Francisco Fernández del Riego cun Tíralle da Lingua dedicado ao autor das Letras Galegas 2023.
Visita da Agrupación Sisto, formada por Manu alumno de 6º do centro e a súa familia, amenizou coa súa música e baile a xornada, facéndonos vivir a música tradicional galega.
Para rematar e agradecer a todos e todas a participación nesta semana, entregouse o lapis máxico para tirar das verbas en galego.
Hoxe, mércores 10 de maio, estivo Eva Mejuto na nosa biblioteca co club de lectura de primeiro. A emoción de ver a autora e poder falar con ela palpábase dende ben cedo e nos días previos.
Sorpresa para Eva que comprobou como sabían os lugares e nomes das gatiñas e mesmo fixeron aportacións para a segunda parte do libro. O caso é que ao final Eva Mejuto díxonos que nos animaramos a facer entre todos a segunda parte e tomámolo coma un reto. de momento seguimos viaxando coas gatiñas percorrendo Galicia pero e a segunda parte, onde nos levará...?
Sen dúbida, moi lonxe! Grazas por compartir con nós este momento tan especial!
Onte tivemos a gran sorte de contar coa presenza da escritora Fina Casalderrey no clube de lectura de 5º. Lemos o seu libro "O xenio da cidade do Sal" . Con el coñecemos a figura do compositor Mozart a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia.
Desfrutamos dunha sesión moi especial falando do libro e das vivencias que nos contou Fina. Foi un gran pracer poder ter a autora e compartir con ela ese momento cunha merenda incluída.