Co fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero, dende a biblioteca puxemos a disposición unha colección de libros relacionados coa temática, para que o alumnado investigase.
Investigacións sobre mulleres galegas como: Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Isabel Zendal...
Estamos subscritos na revista REPORTERO DOC con ela poderedes explorar temas de: ciencia, natureza, historia, mundo… con imaxes espectaculares, textos accesibles, rigor, creatividade, orixinalidade, humor, valores… ao servizo do coñecemento e da lectura pracenteira.
TODOS OS MESES TEREMOS UNHA NOVA ENTREGA
Este 23 de febreiro conmemoramos o 185º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Coas seguientes actividades:
O alumnado de 4º EP realizou un vídeo sobre Rosalía de Castro, parabéns polo traballo feito.
Todo o alumnado participou na elaboración do retrato da autora galega ao estilo Andy Warhol
Nas clases tamén se fixeron diferentes actividades, aquí unha pequena mostra.
Plantáronse pensamentos, un por cada aula
E non podía faltar, recitar os poemas de Rosalía de Castro na hora de ler.
Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.
Rosalía de Castro.
Un curso máis conmemoramos este día, co desexo de alcanzar un mundo de convivencia pacífica onde non haxa lugar para a violencia.
Na biblioteca preparamos libros relacionados con este tema.
Entre as actividades realizadas, escoitamos a canción de Unai Quirós "Contágiame tu Paz"
Todos os cursos recibiron un botiquín con mensaxes de Paz para repartir entre o alumnado.
Contaxiemos a nosa Paz
PARTICIPANTES
PREMIOS PARA OS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU.
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS
QUE MELLOR AGASALLO CUN LIBRO.
ESTE NADAL REGALA
SOÑOS, AVENTURAS,...
REGALA LIBROS.
TODO O EQUIPO DA BIBLIOTECA
DESEXÁMOSVOS
UN BO NADAL!!!