blog BiblioAnisiaMiranda

CONTO ILUSTRADO POLO ALUMNADO DE 3º

 

 

 Aqui temos este precioso conto escrito polo  mestre Rober e ilustrado polo alumnado de 3º.

Moitas grazas por enriquecer a nosa biblioteca con esta marabillosa historia e estes fermosos debuxos.

 

 

Enquisa sobre a biblioteca

 Bos días, 

Peiti e Eiros queren saber a vosa opinión sobre a biblioteca do colexio, para iso só tendes que responder a algunhas preguntas.  

Grazas pola vosa colaboración!

                                  

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

O 13 de maio de 2022 celebramos  unha gran festa de cultura, folclore e literatura galega. Literatura galega coa exposición ao autor Florencio Delgado Gurriarán  ao que se lle adicou as Letras Galegas 2022, grazas a esta exposición  e ao traballo de clases coñecimos a súa biografía e obras.

     

 

Exposición de lapbooks, libros cheos de información de cada autor e autora que levan o nome de cada clase do colexio. Rosalía de Castro, Fina Casalderrrey, Carlos Casares…

 

A cultura e o folclore galego visitounos con Ártur Puga  e Xurxo Terrible.
Ártur Puga docente de xornadas de música e danza por colexios e institutos do país, músico, coreógrafo e bailarín da compañía de Danza de Fran Sieira, na Xira Midas ou no Benidorm Fest coas Tanxugueiras.

Xurxo Terrible é multinstrumentista da Cultura Musical Galega dende os 6 anos, profesor de música e canto tradicional, membro de grupos como Os Terribles de Donas, Airiños novos de Pinzás, Ecos e Agarimos de Peitieiros, … Colaborador no proxecto “Ponte nas Ondas” e proxectos propios como TradiSón e Xurxo Terrible.
Para rematar a celebración tivemos a actuación do alumnado do primeiro ciclo eo o seu poema “Aí ven o maio “de Florencio Delgado Gurriarán.

LIBREANDO POLA ARTE 6

DÍA DO LIBRO

Para festexar o día do libro realizamos diferentes actividades no centro:

  • Agasallo dun marcapáxinas para todo o alumnado.
  • Apadriñamento lector lectura ao aire libre por parellas.

  • Formación de usuarios na biblioteca.
  • Canción do alumnado de 1º A
  • Proxección dun impress para os cursos máis altos sobre os dereitos de autoría.

LIBREANDO POLA ARTE 5

O día da POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía,para  promover o ensino da poesía, creando unha imaxe atractiva da poesía como  unha vía de expresión. Así o fixemos no noso centro a través das seguintes actividades:

- Deixamos poemas por todo o centro para que o alumnado os collese e os recitase en calqueira momento e lugar.

 

 

- Selección de libros de poesía.

- Poemas polas clases:

 

 

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa todas as aulas fixemos unha sección para o noso xornal, A VOZ DA MULLER, relacionando desta maneira ambas celebracións, o día da muller e a prensa. Aquí vos deixamos o noso xornal.

Nel podemos atopar noticias relacionadas co día da muller, a muller na arte, entrevistas de mulleres, pasatempos, mulleres galegas na historia, mulleres na historia de España, carteleira...