Atopa o que buscas!
Na nosa Biblio AnisiaMiranda, os libros estan colocados nos andeis según este código internacional chamado CDU (Clasificación Decimal Universal)
Atopa o que buscas!
Na nosa Biblio AnisiaMiranda, os libros estan colocados nos andeis según este código internacional chamado CDU (Clasificación Decimal Universal)
Este fin de curso tocou cambio na biblioteca, cambiamos os estantes por uns máis funcionais, xa que nos anteriores xa apenas entraban todos os libros, impedindo que o alumnado e o profesorado atopase os libros rapidamente.
Tamén tocou como todos os anos revisión dos libros para eliminar os que están en desuso e expurgar, para deixar paso a novidades que motiven ao alumnado e profesorado.
Montaxe dos novos estantes
Vai collendo xeito
Toca expurgar
Un ano máis rematamos o curso coas recomendacións lectoras para alumando e familias.
Bo verán para todas e todos. Esperamos que desfrutedes moito da lectura.
Chegou o día da presentación de todos os proxectos feitos, relacionados co CINEMA, para este gran momento tamén se invitaron ás familias.
Organizáronse diferentes salas, e alumnado e familias ían rotanto en orden por elas. Nestas salas houbo proxeccións: de curtos de 1 e 2 minutos sendo o alumnado os guionistas e actores e actrices, videoclips feitos polos diferentes ciclos ou niveis, stop motion polo alumnado de 6º, cine mudo polo alumnado de 1º ciclo...
Tamén tivemos un Photocall
O luns finalizamos o club de lectura de 5º co libro "Palabras de Caramelo" cunha merenda e conversa sobre o libro. " Palabras de Caramelo" é doce e tenro, pero é duro, pura realidade do que pasa nos campamentos de refuxiados do Sahara. Ensinounos valores como o respecto, a superación, a aceptación e a loita polo que un quere.
Percorrido por todas as actividades que fixo o equipo de EDL en colaboración coa biblioteca e o resto das dinamizacións, vinculadas ao proxecto de centro: O cinema e ao uso do galego.