PDI 2021-2022 ARTE

PeitiMuseo d`ARTE

 Un proxecto que pretende tender pontes entre aulas burbulla co fío conductor da Arte traballada dende distintos enfoques: figuras galegas e internacionais relevantes, estilos e correntes, disciplinas artísticas, creacións artísticas recoñecidas, técnicas e ferramentas,…

 

Todas estas creacións de arte quedaron recollidas na revista "Arco da Vella"  e neste vídeo:

 

Investigamos os autores e autoras que dan nome a cada aula do Centro. Cada titoría investigou o seu persoeiro e creou un “lapbook” para presentar a información que se compartíu na semana das Letras Galegas. 

 

Elaboración de  obras representativas de cada etapa da Historia combinando materiais e técnicas. Despois de investigar cada unha das etapas e pescudar información da arte dos nosos antepasados comezamos a facer as nosas. 

 

Presentamos este concurso con 6 convocatorias ao longo do curso. Retos para atopar libros, revistas e outros fondos. O alumnado debe contestar ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo á porta da biblio ou no blog).Se as respostas son correctas gañan un selo para o seu “pasaporte artístico”.Cada tres selos teñen premio!  

O proxecto de ARTE deste curso impregnou ás conmemoracións e actividades complementarias. Comezou o Meco a dar ordes e o alumnado estivo atento a vir como mandaba!!! RisaGuiñoBeso

Descubrimos a música que hai nos versos de Rosalía de 

 Castro, estudando como os mesmos poemas e textos poden ser musicados en distinto estilos musicais.

  

Construímos un maio e compuxemos rimas en tono de broma ou chiste, para falar das cousas que pasaron durante o ano.

 

Para conmemorar o 5 de xuño, todo o alumnado fixo distintas 

 pezas escultóricas e pinturas; tanto individuais como en 

 pequenos grupos; con moi variados elementos e materiais recuperados. 

Aquí enlace ao documento BIBLIOGRAFíA.