Deportes
O SAQUE
O SAQUE: tipos de saque. Erros máis frecuentes. Recomendacións para realizar o saque correctamente.
PRESENTACIÓN BADMINTON
PRINCIPIOS BÁSICOS DO BADMINTON
O badminton é un deporte que pode ser practicado por todo tipo de persoas, sen distición de sexo ou idade. É un deporte que polas súas características, pode ser practicado como un xogo recreativo ou como deporte de competición.
Como xogo recreativo pódese adaptar facilmente en espazos pequenos ou nos interiores. A doada e rápida iniciación permite que todo o mundo, con pouco tempo, consiga disfrutar co xogo.
Como deporte de competición precisa de moitas horas de adestramento necesarias para acadar un bo nivel de xogo e de habilidade nas destrezas básicas.
A continuación aparece un arquivo PDF adxunto que recolle os principios básicos do badminton. Sería interesante ler detidamente o mesmo.
INICIACION AO BADMINTON
A continuación mostramos tres vídeos recollidos do portal YOUTUBE.COM que serven para presentar unha sinxela presentación para iniciarse na práctica do badminton.
Vídeo 1: modalidades; equipamento (raqueta, volante); campo de xogo.
Vídeo 2: presa da raqueta; posicións e desprazamentos básicos.
PERSONAXE MISTERIOSO DO MES DE FEBREIRO.
Imos cun novo caso. Espero que atopedes axiña a solución.
Quen será, será?
PISTA 1: naceu no ano 1980 (un bo ano para o baloncesto español).
PISTA 2: aos 12 anos fichou nas categorías inferiores do Barcelona de baloncesto. Aos 17 anos debutou na Liga ACB.
PISTA 3: en agosto do 2007 fichou polos Memphis Grizzlies, equipo da NBA.
PISTA 4: polo seu segundo apelido podemos pensar qué é curmán do actual Presidente da Xunta de Galicia
PISTA 5: nos Memphis Grizzlies coincidiu con Pau Gasol.
PISTA 6 no ano 2008 abandonou a NBA e regresou ao Barcelona.
PISTA 7: ten un apodo un pouco "explosivo".
PISTA 8: xoga de escolta. Leva o número 11 no equipo do Barcelona.
"CAZA TESOUROS DE BALONCESTO"
A continuación terás que resolver esta sinxela "caza tesouros" adicada ao baloncesto. Para atopar as respostas poderás consultar as páxinas web oficiais da LIGA ACB, da LIGA NBA e a do CLUBE BALONCESTO OBRADOIRO.
PISTA 1: Páxina oficial LIGA ACB: http://www.acb.com/
PREGUNTA 1.1. Cantos equipos participan la LIGA ACB de baloncesto? (Ruta: páxina web da ACB - Resultados e Clasificación).
PREGUNTA 1.2. Escribe o nome dos tres primeiros equipos da clasificación da ACB. (Ruta: páxina web da ACB - Resultados e Clasificación).
PREGUNTA 1.3. Descubre cal é o único equipo galego da ACB.
PREGUNTA 1.4. Que xogador ten o récord de puntos anotados nun partido ao longo dos 25 anos da historia da ACB? (Ruta: páxina web da ACB - Documentación - Récords).
PREGUNTA 1.5. Que xogador ten o récord de triplas anotadas nun partido ao longo dos 25 anos de historia da ACB? (Ruta: páxina web da ACB - Documentación - Récords).
PISTA 2: http://www.obradoirocab.com/
PREGUNTA 2.1. Cando e onde naceu o Obradoiro Club de Amigos de Baloncesto? (Ruta: páxina web do Obradoiro - Inicio - Historia).
PREGUNTA 2.2. No equipo do Xacobeo Blu:sens figuran tres xogadores nacidos nos Estados Unidos. Busca os seus nomes. (Ruta: páxina web Obradoiro - Xacobeo Blu:sens- Plantilla).
PREGUNTA 2.3. Como se chama o adestrador do Xacobeo Blu:sens? (Ruta: páxina web do Obradoiro - Xacobeo Blu:sens - Plantilla).
PISTA 3: http://www.nba.com/espanol/
PREGUNTA 3.1. Na LIGA NBA participan nesta tempada 2009/2010 un total de cinco xogadores españois. Terás que buscar os nomes deses cinco xogadores e descubrir en que equipos xogan. (Ruta: páxina web da NBA - Xogadores - Hispanos na NBA).
PERSONAXE MISTERIOSO. MES DE XANEIRO.
Imos cun novo caso de deportista misterioso. Creo que nesta ocasión resultará máis complicado acertar porque é menos coñecido que Rafa Nadal.
PISTA 1: Naceu en Zumárraga (Guipúzcoa) o 15-1-1968.
PISTA 2: Foi xogador de balonmán do FC Barcelona durante 14 tempadas (de 1986 ata o 2000).
PISTA 3: Xogou 170 partidos coa Selección Española de Balonmán.
PISTA 4: Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992), de Atlanta (1996) e de Sydney (2000).
PISTA 5: Casou no ano 1997. É máis coñecido pola persoa coa que casou que polos seus éxitos deportivos.
PISTA 6: Gañou moitos títulos co Barcelona: 6 Copas de Europa e 10 Ligas Asobal.
PISTA 7: Ten tratamento de "Excelentísimo Señor".
PISTA 8: As súas iniciais son IU.
" O PERSONAXE MISTERIOSO"
É unha nova actividade para fomentar o uso da páxina web do noso centro.
O obxectivo do xogo consiste en descubrir quen é o "personaxe misterioso" (un ou unha deportista famoso/a polos seus éxitos deportivos)
2. ¿COMO DESCUBRIR QUEN É O "PERSONAXE MISTERIOSO"?
Cada dous ou tres días o profesor de Educación Física publicará na páxina web do centro unhas pistas que darán as claves para descubrir a identidade do "personaxe misterioso" (terás que buscar na categoría "Educación Física" e no apartado "voleibol").
3. REGRAS
PISTA 1: É un dos deportistas españois máis destacados dos últimos anos.
PISTA 2: Ganou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.
PISTA 3: O seu tío foi un coñecido futbolista que xogou no Barcelona F.C. durante oito anos (do 1991 ao 1999).
PISTA 4: Naceu o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca).
PISTA 5: Practica un deporte con rede.
PISTA 6: En agosto do ano 2008 acadou a primeira posición na lista da ATP.
PISTA 7: No seu palmarés figuran torneos tan prestixiosos como Wimbledon ou Roland Garros.
PISTA 8: As súas iniciais son R. N.
CAZA TESOUROS
"CAZA TESOUROS"
A continuación terás que resolver esta sinxela "caza tesouros" adicada ao hockey. "As cazas tesouros" son actividades que permiten acadar información sobre un tema determinado e practicar habilidades e procedementos relacionados coas TICs e co acceso á información a través de Internet. Entre outros obxectivos, facilitan a mellora da comprensión lectora e o desenrolo de estratexias na procura de información. Consisten nunha folla de traballo cunha serie de prguntas (que terás que contestar) e un listado de direccións de Internet (que terás que consultar para atopar as respostas).
"CAZA TESOUROS DE HOCKEY"
PREGUNTA 1: Existen diferentes modalidades de hockey. Poderías indicar cales son as catro modalidades máis practicadas.
PISTA 1: http://html.rincondelvago.com/hockey_4.html
PREGUNTA 2: Os Xogos Olímpicos dispútanse en dúas competicións diferentes: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno. No programa actual dos Xogos Olímpicos de Verán figura unha modalidade de hockey. Terás que descubrir cal é esa modalidade. Ademais terás que investigar para saber en que ano se disputou por primeira vez unha competición dese deporte nos Xogo Olímpicos.
PISTA 2: http://es.wikipedia.org/wiki/Deportes_ol%C3%ADmpicos
PREGUNTA 3: A "OK LIGA" é a principal competición de hockey a patíns de España. Está organizada pola RealFederación Española de Patinaxe. Terás que buscar información para contestar a esta preguntas:
PREGUNTA 3.1: Cantos equipos participan na "OK LIGA"?
PREGUNTA 3.2: Mira na clasificación actual e escribe o nome dos tres primeiros clasificados.
PREGUNTA 3.3: Na "OK LIGA" participan dous equipos galegos. Cales?
PREGUNTA 3.4: Escribe o nome de 5 xogadores dun dos equipos galegod da OK LIGA.
PISTA 3.1: http://www.fep.es/website/index.asp
PISTA 3.2: http://www.hockeyclubliceo.com/principal.html
PREGUNTA 4.1: Busca o posto no que quedou a Selección Española Masculina de Hockey Herba nos tres últimos Xogos Olímpicos.
PISTA 4.1: http://www.rfeh.com/web/rfeh/historia/palmares_seleccion/selm_jjoo.htm
PREGUNTA 4.2: Busca o posto no que quedou a Selección Española Feminina de Hockey Herba nos tres últimos Xogos Olímpicos.
PISTA 4.2: http://www.rfeh.com/web/rfeh/historia/palmares_seleccion/self_jjoo.htm
PREGUNTA 5: Terás que escribir os nomes dos equipos que aparecen na ficha.
PISTA 5: http://www.fedhielo.com/content/view/19/36/lang,es/
TRABALLO PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE. CURSO 2009/2010.
Como complemento para o desenrolo da Unidade Didáctica "O voleibol" e para favorecer o uso das TICs no proceso de ensino-aprendizaxe, os/as alumnos/as de 5º e de 6º de Primaria deberán realizar durante o primeiro trimestre deste curso 2009/2010 un sinxelo traballo de investigación na procura de información relativa a un dos equipos de voleibol participantes na SVM (SuperLiga Masculina de Voleibol) ou na SFV (SuperLiga Feminina de Voleibol).
TAREFA A REALIZAR: buscar información dun dos equipos participantes na SuperLiga Masculina de Voleibol (SVM) ou na SuperLiga Feminina de Voleibol (SFV).
FORMATO DO TRABALLO: cartolina grande de 65 x 50 cm. Cor a elixir.
GRUPOS DE TRABALLO: cada grupo escollerá un equipo de voleibol. Os grupos de traballo poden ser de 4 ou 5 nenos/as.
TEMPO DE ENTREGA: o traballo deberá entregarse antes do 15 de novembro.
RECURSOS A EMPREGAR: na procura de información necesaria para a realización do traballo podedes consultar diferentes páxinas web. A continuación aparecen escritas as direccións da Real Federación Española de Voleibol (organismo encargado de organizar estas competicións) e as direccións das páxinas oficiais dos diferentes equipos que participan nas Superligas de Voleibol.
Relación de equipos da SuperLiga Masculina de Voleibol (SVM):
-
http://www.rfevb.com/ Real Federación Española de Voleibol
-
http://www.voleibolteruel.com/ Cai Voleibol Teruel
-
http://www.palmavolley.com/ Palma Volley
-
http://www.cvalmeria.es/ Unicaja Almería Voleibol
-
http://www.spspvoleibol.com/ Club Volei Tarragona
-
http://www.voleytenerifesur.com/ Tenerife Sur Voleibol
-
http://www.clubvoleibolzaragoza.net/ Voleibol Zaragoza
-
http://www.fcbarcelona.cat/ Barcelona Voleibol
-
http://www.clubvigo.com/ Vigo Valery Karpin
-
http://www.voleygrancanaria.com/ Voleibol Calvo Sotelo Gran Canaria.
Relación de equipos da SuperLiga Feminina de Voleibol (SFV):
- http://www.rfevb.com/ Real Federación Española de Voleibol.
- http://www.voleibolmurcia.net/ Club Atlético Voleibol Murcia.
- http://www.palmavolley.com/ Palma Volley.
- http://www.clubvoleibolalbacete.com/ Club Voleibol Albacete.
- http://www.voleiciutadella.com/ Club Voleiol Ciutadella.
- http://www.burgosvoley.com/ Club Voleibol Universidad de Burgos.
- http://www.clubvoleiboltenerife.com/ Club Tenerife Voleibol.
- http://www.clubvoleibolharo.com/ Club Voleibol Haro.
- http://www.cvaguere.com/ Club Voleibol Aguere.
- http://www.cvolimpico.es/ Club Voleibol La Caja de Canarias.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »