" O PERSONAXE MISTERIOSO"

" O PERSONAXE MISTERIOSO"
                      

É unha nova actividade para fomentar o uso da páxina web do noso centro.
 
 

1. ¿EN QUE CONSISTE?
 
O obxectivo do xogo consiste en descubrir quen é o "personaxe misterioso" (un ou unha deportista famoso/a polos seus éxitos deportivos)
 
2. ¿COMO DESCUBRIR QUEN É O "PERSONAXE MISTERIOSO"?
 
Cada dous ou tres días o profesor de Educación Física publicará na páxina web do centro unhas pistas que darán as claves para descubrir a identidade do "personaxe misterioso" (terás que buscar na categoría "Educación Física" e no apartado "voleibol").
 
3. REGRAS
 
Cada alumno/a terá unha soa oportunidade para dar a resposta correcta. Por iso resulta importante non precipitarse na resposta e contestar cando estés completamente seguro/a de acertar. Imos comezar co primeiro caso.


 
"PERSONAXE  MISTERIOSO. MES  DE  DECEMBRO"

PISTA 1: É un dos deportistas españois máis destacados dos últimos anos.
 
PISTA 2: Ganou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.
 
PISTA 3: O seu tío foi un coñecido futbolista que xogou no Barcelona F.C. durante oito anos (do 1991 ao 1999).
 
PISTA 4: Naceu   o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca).
 
PISTA 5: Practica un deporte con rede.
 
PISTA 6: En agosto do ano 2008 acadou a primeira posición na lista da ATP.
 
PISTA 7: No seu palmarés figuran torneos tan prestixiosos como Wimbledon ou Roland Garros.

 
PISTA 8:  As súas iniciais son R. N.